“Igual que se recuperó un cierto orgullo y se desplazó la "culpa" de los desahucios a través de las afectadas por las hipotecas, tal y como cada semana, las gentes de Berri-Otxoak salen a la calle a denunciar la falta de derechos sociales en sus múltiples violaciones sistemáticas,... porqué no hablamos de afectadas por la explotación y la precariedad, por los abusos de los servicios sociales, por los lanzamientos por impago de alquiler, por la falta de acceso a actividades culturales y de ocio, por la gratuidad del transporte, por la dignidad en la alimentación y en la salud sociosanitaria”.
Esta muller vive coa súa parella, cun fillo de 18 e cunha filla de 11 anos. Ao igual que outros 10.500 fogares galegos, perciben a RISGA. Comparten, tamén, con esas miles de galegas a dura realidade de ter que comezar os meses na miseria e rematalos da mesma forma.
Cunha claridade que desgarraba a muller falaba das consecuencias na súa cotidianidade deste sistema criminal:
“Ser pobre é comer merda” > a insuficiencia, cando non ausencia, de ingresos provoca o deterioro da alimentación. A dieta redúcese a menos alimentos e de peor calidade, o que provoca que os poucos euros vaian destinados a mellorar a alimentación das crianzas. Hoxe en día, multiplícanse as recollidas/repartos de alimentos, como respostas urxentes á xeneralizada e crecente desposesión, pero isto non debería impedirnos identificar e combater á orixe do problema -entre os que están os negocios da industria alimentaria e das grandes cadeas de distribución de alimentos-.
“Levo varios anos con medicación para a ansiedade” > insomnio, vómitos, perdas de memoria... algunhas das consecuencias dunha vida suxeita a infinitas tensións para pasar os meses en barrios da periferia como Coia. 371 suicidios na Galiza en 2014 falan do prezo que pagamos polo “austericidio”. Problemas de saúde e pobreza van da man, binomio agora agravado polos recortes sociais e privatización do sistema público de saúde.
“Os bancos déixannos a cero” > malia que a RISGA é inembargábel os bancos apañan os cartos. Fan valer a súa forza e poder perante persoas en situacións de vulnerabilidade, igual que fixeron coas hipotecas. Xuros, comisións, préstamos con altos intereses... se suman ao embargo duns centos de euros que apenas permiten sobrevivir. Especialmente grave son os abusos de Abanca (antiga caixa de aforros), entidade rescatada cos cartos de todas e que cada mes penaliza a perceptoras de RISGA, quedándose uns cartos que saben que non poden tocar.
"Nas periferias e nos marxes estamos a construír unhas veces diques e outras resistencias, ao mesmo tempo que artellamos relacións e outras vidas que nos permitan, aquí e agora, vidas dignas e plenas".
"Volvemos a repetir que estamos cansas e fartas das súas esmolas, da súa propaganda, de que fagan negocios coas nosas necesidades, de que nos criminalicen... Por iso organizámonos para esixir o noso, o que é de todas! Renda Básica das iguais e moito máis!" - reclaman do ODS-Coia.