As entidades financieiras e os especuladores ocupáronse, durante anos, de crealas condicións necesarias para a formación dunha burbulla inmobiliaria. Cando esta burbulla colapsou en 2008, o resultado para as familias traballadoras foi o desemprego, as execucións hipotecarias e as débedas perpetuas. Nos últimos oito anos, máis de 600.000 execucións hipotecarias das que 200.000 corresponden expulsións da vivenda habitual
A maiores, a Administración Pública actúa como axente salvador destas entidades privadas, saneando as súas débedas, practicando recortes para a clase traballadora e desafiauciando a milleiros de familias. Isto último supón un boicot á resolución do Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) que califica estas execucións como inhumanas e ao mesmo tempo permance impasible ante este incumprimento nos estratos mais baixos do Poder Xudicial do que forma parte.
Moitas das traballadoras e dos traballadores atopamos refuxio na solidariedade das plataformas como a Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH) ou Stop Desafiuzamentos onde nos organizamos e tentamos combatir estas inxustizas sociais.
Por todo isto, en Stop Desafiuzamentos Coruña apoian a petición de que se paralicen os desafiuzamentos, que se eliminen e supriman as cláusulas abusivas e que se responsabilicen ós culpables da recesión económica e maila formación e estalido da burbulla inmobiliaria.