Publicidade

Diário Liberdade
Quinta, 13 Outubro 2016 12:12

Adega organiza campo de voluntariado ambiental para eliminar flora invasora em Sálvora

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Consumo e meio natural / Fonte: Adega

Esta iniciativa continúa os traballos de eliminación de EEI iniciados en 2015 así como as tarefas de estudo e mantemento das charcas e conta coa colaboración da Dirección Xeral de Conservación da Natureza.

O Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia é un espazo natural cun importante valor para a conservación da biodiversidade, é por iso que é un dos dous Parques coa denominación Marítimo – Terrestre do Estado. Nestes espazo protexido tanto os ecosistemas acuáticos como os terrestres destacan polo seu valor ecolóxico e pola necesidade imperiosa da súa conservación.

As especies exóticas invasoras (EEI) son a segunda causa de extinción de biodiversidade no planeta, porén esta ameaza chega a ser a principal causante da perda de especies nas illas. Nestes ecosistemas tan singulares a introdución de EEI, é moito máis daniña, e por tanto máis importante a súa eliminación e control.

O Parque Nacional galego posúe lamentablemente diversas especies invasoras tanto de flora como de fauna, que levaron a desenvolver ao longo dos anos programas e investigacións centradas no seu control. Unha parte destes programas é a centrada na divulgación da problemática entre a cidadanía, e a creación de espazos de participación como é o voluntariado ambiental.  

ADEGA conta cunha ampla traxectoria na xestión de voluntariado en toda Galiza, especialmente no traballo con especies exóticas invasoras, é por iso que organiza un novo campo de tres días para traballos voluntarios na illa de Sálvora.

O campo comezará o martes 11-O á tarde co desprazamento ata a illa de Sálvora. Unha vez alí realizarase unha charla formativa sobre o proxecto e as actividades de eliminación de EEI. O mércores 12 están programados os traballos de campo para os cales os participantes se dividirán en varios grupos. O xoves 13 haberá unha posta en común dos traballos realizados. Ademais haberá actividades complementarias como roteiros pola illa ou observación de aves e cetáceos (se o tempo o permite). 

Nesta actividade participarán 12 persoas voluntarias, que contarán con seguro de accidentes, comida e aloxamento para a que xa se cubriron as prazas e hai unha longa lista de agarda.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar