Publicidade

Diário Liberdade
Quarta, 26 Outubro 2016 16:52

FEGADACE reclamou a “inclussom social” das pessoas com dano cerebral adquirido

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Saúde / Fonte: Fegadace

José Balboa leu esta mañá na Praza do Obradoiro, en Compostela, o manifesto do Día do Dano Cerebral. A Federación estivo acompañada pola Corporación Municipal, encabezada polo alcalde, Martiño Noriega, e a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández.

O presidente de Sarela (Asociación de Dano Cerebral de Compostela) e anterior presidente de FEGADACE (Federación Galega de Dano Cerebral), José Balboa, foi o encargado de ler o manifesto do Día do Dano Cerebral nun acto que tivo lugar esta mañá, exactamente ás 12:00, na Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela. Balboa estivo acompañado por outros representantes de FEGADACE, entre eles o seu actual presidente, Luciano Fernández, e contou tamén co respaldo da Corporación Municipal do Concello de Santiago.

Tres son as reivindicacións básicas escollidas polo movemento asociativo do dano cerebral adquirido (DCA) e lidas esta mañá, de entre as súas moitas necesidades, para o manifesto deste ano. A primeira é a demanda dun criterio diagnóstico de Dano Cerebral Adquirido na alta hospitalaria, que sirva para identificar claramente tanto os casos como os recursos rehabilitadores e sociais necesarios para cada persoa con dano cerebral. A segunda é que, desde as administacións correspondentes, se analicen as necesidades da poboación con DCA para que se doten de todos os recursos necesarios. A terceira reclamación é que se poñan en marcha os recursos e servizos especializados necesarios para evitar a exclusión e o aillamento das familias nas que se presentan casos de DCA.

Todas estas demandas resúmense nunha soa, á que o seu cumprimento contribúe, que é a necesidade de promover, desenvolver e garantir a “inclusión social” das persoas con dano cerebral. José Balboa aproveitou a súa intervención para agradecer a presenza dos medios de comunicación e, sobre todo, dos membros da Corporación Municipal de Compostela que asistiron á lectura: o alcalde, Martiño Noriega, a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, o portavoz popular, Agustín Hernández, e o portavoz socialista, Paco Reyes.

Pola súa banda, o presidente de FEGADACE, Luciano Fernández, aproveitou para lembrar que en Galicia hai máis de 35.000 persoas con dano cerebral, unha discapacidade que afecta á persoa pero tamén a toda a súa contorna social e familiar, e que cada ano se producen case 7.000 novos casos.

FEGADACE organizou, para conmemorar o Día do Dano Cerebral, unha lectura simultálea do manifesto nas sete cidades, en colaboración coas súas cinco asociacións federadas. Ademais de en Santiago, as demandas das persoas con DCA puidéronse oír nos Xardíns de Méndez Núñez (A Coruña), no hospital Arquitecto Marcide (Ferrol), diante da Casa do Concello de Lugo, na Rúa do Paseo (Ourense), no hospital Provincial de Pontevedra e na sede de Alento (Vigo).

A actividade continúa pola tarde nas mesas informativas de ADACECO (El Corte Inglés e Hospital Universitario, na Coruña) e Renacer (Rúa do Paseo, en Ourense), así como no Obradoiro de Risoterapia aberto á veciñanza que Alento organiza nas súas instalacións do barrio de Navia, en Vigo. A programación conmemorativa da efeméride continúa, ademais, ata o día 31 de outubro.

29 de outubro, Día do Ictus

A conmemoración do Día do Dano Cerebral chega acompañada, tres días máis tarde, pola do Día do Ictus (29 de outubro). FEGADACE organiza un coloquio que vai ter lugar no auditorio da sede de Afundación da rúa do Vilar, en Santiago. Vai estar protagonizado por Susana Arias, neuróloga do CHUS, Fernando Galdo, familiar e coidador da súa nai, que tivo un ictus, e Juan Luis Delgado, membro da directiva de ADACECO (Asociación de Dano Cerebral da Coruña) que tivo un ictus e falará do mesmo en primeira persoa. Ademais, José Manuel Fandiño, coordinador de Urxencias do CHUAC, vai falar do Código Ictus e presentar o Plan Ictus do Sergas.

Ademais, o venres 28 FEGADACE pasará a mañá nunha mesa informativa no CHUS (Santiago), xunto con membros de Sarela e da Sociedade Galega de Neuroloxía (SGN).

O ictus é a principal causa do dano cerebral, no 78% dos casos. De aí o interese por vincular o Día do Dano Cerebral coa xornada dedicada ao seu principal causante.

FEGADACE constituíuse en 2007 polas cinco asociacións de dano cerebral que traballan en Galicia: ADACECO na Coruña, ADACE en Lugo, Alento en Vigo, Renacer en Ourense e Sarela en Santiago. O seu obxectivo é contar cunha plataforma común de interlocución, coordinación e divulgación das necesidades do colectivo de persoas con dano cerebral adquirido.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar