Publicidade

Diário Liberdade
Sexta, 22 Abril 2016 04:34 Última modificação em Domingo, 24 Abril 2016 22:31

Vítimas, vitimologia e anarquismo

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Repressom e direitos humanos / Fonte: RA Abordaxe

A vitimoloxía, é unha rama da criminoloxía que se encarga de estudar as vítimas do delito nos seus aspectos, biolóxicos, psicolóxicos, morais, culturais e sociais, co fin de precisar o

seu rol dentro da acción delictual. Esta disciplina ten por obxecto o estudo da persoa agredida para determinar a súa relación co delincuente e o papel que desenvolve na xénese do delito. Elías Neuman diría que, “a vitimoloxía é unha sorte de criminoloxía, pero ao revés”. O criminólogo Mendelsohn no seu afán de enredar máis as súas teorías, clasificou ás vítimas de maneira cualitativa segundo o seu grao de participación no delito e distinguiu 5 tipoloxías que son; a vítima inocente, aquela que nada fixo para desencadear a acción. A vítima provocadora, que é a que coa súa provocación incita ao delito. A vítima voluntaria; aquela que colabora co vitimario. A vítima agresora; que é a que simula unha agresión da que non foi obxecto e por ultimo a vítima por ignorancia, que é a que de forma irreflexiva provoca a súa propia vitimización facilitando a actuación do seu agresor, nesta ultima encaixa á perfección o anarquista.

Desgraciadamente é así, moitas veces as nosas accións son as ferramentas necesarias para que o Estado nos reprima. Pretender que non o faga é unha estupidez, porque sería ir contra a natureza coactiva do contrato social do cal fomos relegados. É obvio que non somos seres gratos para o Poder, nin xamais o seremos, representamos a súa antitese, Cristian Ferrer diría que seria inconcibible o concepto de Estado sen os seus antónimos, é dicir, nós. Por conseguinte non existe tal situación como a “criminalización” dos anarquistas, de maneira espontánea, senón que polo xeral é buscada, isto acentúase mais co feito de que o Estado aplica as súas teorías lombrosianas connosco, é dicir que non se nos xulga polos feitos senón polo que representamos, creando desta maneira unha vitimización endóxena. Inerente ao rol social e ao que representamos na sociedade. Tampouco se nos pode aniquilar porque a práctica dun século de combate demostroulles que tras cada anarquista morto, nacen máis no seu nome. Con todo pódennos controlar e manternos alienados nas nosas propias dinámicas que é o que viñeron aplicando.

Entón chegamos á terrible disxuntiva do celebre Que facer? Se actuamos seremos criminalizados e evitalos é imposible. A única forma de romper a encrucillada non é a pasividade senón a creación dunha rede global de asistencia legal, económica e teórica que poida garantir ao compañeiro a resistencia atrás dos muros. A compañeira Amanda Cerezo foi profeta nisto, ao dicir que “se non queres problemas fáite boyscout e non anarquista” os problemas perséguennos e seguirannos perseguindo, iso asúmano. Pero o que sí debemos abandonar é a actitude victimizante que sempre asumimos, é hora de que o movemento anarquista deixe de ser un movemento de resistencia, que só aguanta golpes para ser un movemento de oposición e sobre todo de alternativa, e niso todos debemos poñer o noso grao de area.

Rodolfo Montes de Oca

Tirado de Afilando Nuestras Vidas

Traducido por B.Castrón

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar