Ao redor das 20.00 horas prodúcese un accidente de circulación na N-550 a altura do kilómetro 129, no cal hai persoas feridas (unha delas está atrapada dentro do vehículo e require ser excarcelada).
112 seguindo os seus protocolos alerta aos Bombeiros do Morrazo que son aos que lles corresponde este Municipio.
A continuación 112 chama a Bombeiros Pontevedra, pero somentes para informarlles de que se produxo un accidente nese lugar. Dende Bombeiros Pontevedra pregúntase se é necesaria a súa actuación e dende o 112 respóstase: “NON SODES NECESARIOS, XA ESTAN ALERTADOS OS BOMBEIROS DO MORRAZO QUE SON AOS QUE LLES CORESPONDE ESA ZONA, SO CHAMAMOS PARA INFORMAR”.
Dende Bombeiros Pontevedra quedan estupefactos, porque dende o Parque do Morrazo ata o lugar do accidente, hai una distancia moi elevada (uns 31 kilómetros) agravada polas obras de ampliación da vía rápida do Morrazo. Tendo que coller o desvío de Meira pola PO-551 e co colapso de tráfico que está a sufrir esa zona, non se entende que o 112 se reafirme en seguir os seus protocolos.
10-15 minutos máis tarde, cando os Bombeiros do Morrazo chegan ao desvío da vía rápida e se atopan o atasco de tráfico, contactactan co 112 para comunicarlles que a saída á intervención se vai a demorar bastante, posto que se atopaban cunha importante retención de tráfico.
É entón, cando o 112 dada esta situación, decide chamar aos Bombeiros de Pontevedra, para informarlles de que os Bombeiros do Morrazo se atopan nunha importante retención de tráfico. É enton cando se lle comunica aos Bombeiros de Pontevedra a necesidade de atender este accidente.
Bombeiros de Pontevedra saen cara o lugar do sinistro (cunha demora de 10-15 minutos en relación ao primeiro aviso).
Estando a so 10 km por autopista, en 10 minutos chegan e comezan a traballar. Para cando xa teñen o vehículo excarcelado e o ferido na sua camilla, disposto a ser trasladado cara a ambulacia, chegan os Bombeiros do Morrazo, non sendo xa necesaria a súa actuación
"Unha vez máis ponse de manifesto como os protocolos do 112 priman a alerta a servizos de Bombeiros de xestión indirecta (a sabendas de que os tempos de resposta se dilantan sustancialmente), vetando aos servizos de Bombeiros de xestión directa que se atopan en moitos casos considerablemente máis preto dos sinistros", di a Plataforma de Bombeiros Públicos de Galicia (PBPG)
Isto é algo que dende a PBPG levan denunciando fai moito tempo. Algo que afecta directamente a integridade dos galeg@s e que o Goberno da Xunta de Galicia califica como “críticas dos catro de sempre.” (nunha asociación que roza os 400 afiliados, dentro dos Parques de xestión directa de Galicia e que supón máis do 80 % da totalidade dos profesionais)
Aclarar tamén que os Bombeiros de Pontevedra ante a tesitura dunha vida en perigo deciden saír a atender o sinistro. Unha vez máis o 112 non activa o nivel 1 do plan Platerga, (necesario para a activación de medios alleos aos propios da zona de cobertura). Isto daría a seguridade xurídica necesaria aos intervintes que teñen que abandoar o seu municipio excedéndose do seu ámbito competencial. Unha vez máis, o 112 evita este trámite, e deixa ver que o fai, porque de facelo, tería que repetilo de xeito reiterado, activando un plan de emerxencia fundamentado para casos excepcionais de xeito habitual. Isto non sería máis que a clara demostración de que o actual sistema de emerxencias galego (a distribución, o modelo de xestión, a falla de regulación lexislativa, o mapa de emerxencias…) carece dun razonamento lóxico.