O xoves día 1 e venres día 2 de decembro ás 17 h.
O Ateneo Ferrolán celebrará o xoves 1 e o venres 2 de decembro, a partir das 17.00 horas, na súa sede da rúa Magdalena, as III Xornadas de Documentación «Bibliotecas especializadas: experiencias», presididas polo concelleiro de Cultura de Ferrol Suso Basterrechea.
Como instrumento social, as bibliotecas especializadas proporcionan elementos informativos a investigación (científica, humanística e social), a educación e a formación académica e lúdica en ámbitos socias moi concretos. Dita contribución merece quedar reflectida en traballos que permitan inferir esas achegas e, a súa vez, expoñer as necesidades e debilidades ás que están comprometidas, polo tanto, afín dos anos anteriores e continuando co propósito de dar visibilidade e comunicar á sociedade a importancia do traballo que realizan os arquivos, bibliotecas e centros de documentación o Ateneo Ferrolán presenta as III Xornadas de documentación.
A profesora e vicedecana da Facultade de Humanidades e Documentación da UDC, Rocío Ameneiros Rodríguez, impartirá a conferencia inaugural poñendo en contexto o concepto, a tipoloxía e funcións das bibliotecas especializadas e as súas coleccións.
Pola súa banda, Tomás Lagunas Montero, facultativo da Biblioteca do Campus de Esteiro “Casa do Patín” abordará a formación en estratexias na investigación e a formación documental destinada aos estudantes de Fin de Grao e Fin de Máster.
Para rematar o primeiro día das xornadas, Eliseo Fernández Fernández, como responsable da Biblioteca Técnica da “Escuela Antonio de Escaño”, enumerará os servizos que prestan as distintas Bibliotecas da Escola aos alumnos e persoal.
Ao día seguinte, responsables do Centro Público de Educación e Promoción de Adultos (E.P.A.P.U.) do Centro Penitenciario de Teixeiro, relatarán as experiencias da biblioteca escolar como dinamizador da vida académica nun medio penitenciario.
A continuación, Félix Villares Mouteira, director da Biblioteca do Real Seminario de Mondoñedo e do Arquivo Diocesano de Mondoñedo-Ferrol explicará as características dunha das máis importantes bibliotecas do país cun fondo de monumental importancia histórica e patrimonial.
Uxía Gutiérrez Couto pechará as xornadas cunha charla sobre a Biblioteca Virtual do Sistema Público de Saúde de Galicia, a evolución dunha biblioteca hospitalaria presencial a unha biblioteca virtual para os profesionais e usuarios dos servizos públicos de saúde.
As XornadasDOC, que son abertas ao público, finalizan cun coloquio moderado por Fernando Rivera, responsable da Biblioteca-Hemeroteca do Ateneo Ferrolán.
O contexto das XornadasDOC
As XornadasDOC do Ateneo Ferrolán teñen entre os seus obxectivos dar visibilidade e comunicar á sociedade a importancia do traballo que realizan os arquivos, bibliotecas e centros de documentación.
Programa: http://xornadasdoc.a