O Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais, eludiu entrar no fondo da cuestión das concesións privadas dos Parques de Bombeiros, ao non admitir o recurso presentado pola Plataforma de Bombeiros Públicos de Galicia (PBPG) por unha cuestión de prazos “máis que dubidosa”.
Encontro con Fernando Urruticoechea, economista e interventor xeral municipal no concello de Orihuela, este martes 21 de Xuño, ás 7 da tarde no Ateneo Ferrolán.
Na Rolda de prensa de hoxe, mercorés 8 de Xuño de 2016 que tivo lugar en Sargadelos, interviñeron Fernando Ramos Armesto, da Iniciativa Popular pola Remunicipalización da Xestión da Auga, Alexandre Carrodeguas, da asociación ecoloxista VERDEGAIA , Bernardo Rego da asociación sociocultural López Bouza e da plataforma pola devolución do cobro indebido da taxa de saneamento e Pablo Portero da asociación Fuco Buxán.
Martes 24 de maio celebrouse unha asemblea Cidadá onde participaron activistas de distintos ámbitos reivindicativos da cidade. Reuniuse ante a alarma xerada, polo anuncio da concesión do Contrato Eléctrico por parte do Concello de Ferrol. Un contrato de 15 anos, que vai outorgar máis de 41 millos de euros das arcas municipais, a unha Unión Temporal de Empresas (UTE), composta polo empresario local Chino Silveira (SEFCON), e a multinacional Fomento de Construcións e Contratas (FCC).
Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.
Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759