A Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización, organiza o próximo martes 21 de Xuño, ás 7 da tarde, no Ateneo Ferrolán (rúa Madalena. 202-204), un encontro con Fernando Urruticoechea[1], economista e interventor xeral municipal no concello valenciano de Orihuela (Alicante), de máis de oitenta mil habitantes.
"A corrupción é unha trama xigantesca na cal fai falta repartir moitas migallas" O interventor Fernando Urruticoechea foi entrevistado no programa "Salvados" de Jordi Évole, o 3 de Novembro de 2013, sobre a corrupción no concello de Castro Urdiales en Cantabria, onde manifestaba que esta estaba ligada á construción. Aseguraba que para que uns poucos se poidan levar case todo "fai falta que haxan migallas", refírese aos contratos do día a día, de lixos, xardinería... onde "todo o mundo pilla". | + Info.Noutro programa de televisión, LaSextaColumna, emitido o 22 de Xaneiro deste ano 2016, dicia-se que Fernando Urruticoechea era 'o Superinterventor', outro dos superherois do programa que se emite os venres pola tarde en laSexta. No titular da reportaxe manifestaba-se que "O seu poder é detectar a corrupción nada máis entrar a un Concello. En 30 anos supervisou sete consistorios e viu de todo: contratos a dedo, plans urbanísticos sen sentido, facturas ilegais...". | +Info. Xa estivera en Ferrol en Maio
O venres 13 de Maio deste ano 2016, tiña lugar, en Caranza no local de Fuco Buxán, unha moi interesante xornada de traballo sobre municipalización, remunicipalización e loita popular-veciñal contra o saqueo das arcas públicas.
"Unha xornada Aberta sobre "Auga e Corrupción", coa presencia de Fernando Urruticoechea, organizada por membros da Iniciativa Cidadá pola Xestión Pública e Social do Ciclo da Auga e do Saneamento en Ferrol. Nesta xornada produciuse un moi interesante debate, sobre cuestións concretas que están sucedendo nas entrañas do goberno municipal de Ferrol. Sendo unha das consecuencias desta situación, a suspensión das xornadas previstas sobre o problema da auga, que tiñan sido organizadas co apoio do propio goberno municipal".
Pode-se ver a nova e o vídeo da súa intervención e posterior debate enÁrtabra 21. Acto onde xorde a proposta de constitución desta Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización. Acto en FerrolO encontro, que se realizará por vídeo conferencia, terá carácter informativo e formativo, sobre os procesos de remunicipalización, e estará centrado na problemática da nosa cidade en canto ao contrato eléctrico, a xestión do lixo e da auga. Vemo-nos o próximo martes 21 de Xuño, ás 7 da tarde, no Ateneo Ferrolán (rúa Madalena. 202-204). Ferrol, 17 de xuño de 2016 Coordinadora Promotora da Plataforma
Alexandre Carrodeguas.
Fernando Ramos Armesto.
Pablo Portero
Bernardo Rego Gárate.
Lupe Ces.
Este endereço de email está sendo protegido de spambots. Você precisa do JavaScript ativado para vê-lo. --- [1] Fernando Urruticoechea, economista e interventor municipal, con habilitación estatal, de categoría superior. Foi precursor das denuncias de corrupción xa en 1990 no concello de Galdakao (Biscaia), sendo máis coñecido o seu labor profesional, de control da legalidade, no Concello de Castro Urdiales (Cantabria), entre os anos 2001 e 2006. Máis recentemente tivo que informar acerca da corrupción existente no concello de Crevillente (Alacante), tamén case en total soidade. Como funcionario demostrou ser unha persoa comprometida co cumprimento da súa profesión, en defensa do interese xeral e moi activa contra a corrupción. Na actualidade é interventor xeneral municipal no concello valenciano de Oriola (Orihuela), na comarca do Baix Segura.Como gañar a batalla da auga, de Fernando Urriticoechea. | Publicado o setembro 14, 2014 en Atlántica XXII (Revista Asturiana de Información e Pensamento).