Publicidade

Diário Liberdade
Quinta, 09 Junho 2016 08:07

Francia, os apagamentos informativos e os fidalgos españois

Avalie este item
(1 Voto)
Roberto Laxe

Clica na imagem para ver o perfil e outros textos do autor ou autora

Hai un tremendo apagon informativo sobre o que está a pasar en Francia, coa loita de clases manifestándose como é, clase obreira contra capital, e as clases medias, aí, no medio, como o houbo cando na Arxentina varias organizacións trotskistas agrupábanse no FIT e sacaban 1 200 000, e facian actos baixo a faixa do "goberno dos traballadores", desmitindo a Laclau na súa patria.


Da mesma maneira que mentres a Podemos e os seus 1200 000 votos daquela dedicábanlle todos os informativos, ao FIT, non. Os primeiros era "nova politica", os segundos, "vella política". Agora co que sucede en Francia tres cuartos do mesmo, a "nuit debout" á que dedicaron paxinas, era a "nova política", as folgas e cortes de estrada, a "vella"; e a sociedade española, pequeno burguesa até a medula -aínda non superou o fidalguismo, iso de ocultar que un é pobre tras unha capa e un chapeu de á ancha-, mirando para outro lado.

Aos que se cren clases medias, tapando o seu carácter obreiro baixo unha capa e un chapeu de á ancha como os fidalgos do Século de Ouro: gústelles ou non son clase obreira. Viven dun salario e se llo quitan ou rebaixan, son desafiuzados, sofren ese eufemismo de clase obreira pobre que é "a pobreza enerxética", teñen que deixar de ir de vacacións, etc. Poida que a base de moitas horas extras, hai uns anos, conseguisen parecer que non o son. Que a base de hipotecarse puidesen ir de viaxes de noivos a Cancún, como calquera pequeno burgués, que cambiasen de coche,... Non eran máis que as súas capas que ocultaban o que realmente eran.

Coa crise todo iso acabouse, o capital quitou a capa que tapaba as miserias. A festa terminou e agora toca recoñecerse como o que uno é, unha persoa asalariada, é dicir parte dunha clase social que depende para o máis minimo da súa vida dese salario que lle reduciron a base de reformas laborais, como a que agora queren endilgarles aos franceses.

O espello no que debemos mirarnos é no da clase obreira francesa, non crernos as estupideces seudo intelectuais que veñen das universidades anglosaxoas, iankis principalmente, destinadas a nos facer esquecer que somos clase obreira, asalariada; e que só temos a nosa forza no papel que cumprimos na producciòn e distribución de mercancias, como demostran a clase traballadora francesa, parando as refinerias, as centrais nucleares, o transporte colectivo, etc. etc.

No estado español tambien hai refinerias, centrais térmicas, nucleares, papeleiras, conserva, téxtil, fornos de aluminio, grandes almacéns e grandes empresas de transportes (o Metro de Madrid e Barcelona na folga), e os franceses demostran que unha loita non se dá se non é para gañar.

Aquí fixemos varias folgas xerais, coma se dun fetiche tratásese: un dia de folga, e despois desmobilización... Como o inimigo de clase non cede por un día de folga, loxicamente, posto que o recupera despois a base de horas extras e co desconto de salario, a conclusión da clase obreira española é que as folgas non serven para nada. E a burocracia sindical tan contenta, porque así non ten que volver convocar nada, limitándose a tomar cafe coa patronal.

Esta é unha concepción da loita ben pequeno burguesa, formal, como todo no Estado Español. "As formas son todo, o contido nada", seria o epitafio da esquerda española.

A clase obreira francesa fixo unha folga xeral, que non foi tan xeral, pero tiñan vontade de loitar, e mantiveron até a data as folgas parciais desorganizando a produción, os transportes e a distribución de mercancìas. Porque ese é o noso poder: desorganizar a produción burguesa de mercadorias, e tamen, cando se toma conciencia de clase, organizala doutra forma, socialista, como apuntaban os traballadores e traballadoras das eléctricas francesas, desconectando aos ricos e conectando aos pobres. Miren, por certo, sres reformistas que fácil acábase co eufemismo da "pobreza enerxética", sen subvencións nin nada de ongs subvencionadas; expropien ás eléctricas e xa está. Como todo, o problema é de vontade politica, de enfrontarse ás eléctricas ou ir de apagalumes socializando o pago dos que non poden pagar.

Aqui o día despois dunha Folga Xeral hai unha paz, que é a paz dos cemiterios da loita. No fondo, froito do seu atraso político, a clase obreira ten substituído a reverencia cara á igrexa pola reverencia cara ao dia de Folga. Non compañeiros e compañeiros, as loitas danse para gañar, e senón é mellor non dalas, loitar por loitar é lume de artificio, son formas sen contido. E derrotar a un inimigo como a UE e os gobernos non é cousa dun día, nin un problema formal, senón dunha mobilización constante, cos obxectivos ben precisos.

Está claro que unha loita se pode perder; non está escrito en ningures que o resultado dunha loita, salvo se esta convócase para perder como fixo a burocracia española sempre. Converter nun fetiche a folga xeral é baleirala de contido, para convertela nun día de festa, non de loita. Para que isto non suceda, hai que seguir o exemplo francés, antes e despois do día de folga, hai mobilizacións en sectores estratéxicos da produción como as refinerias, as centrais de enerxia, o transporte,... que fortalecen a conciencia da clase na súa propia organización.

A clase traballadora poderá perder porque o inimigo a bater é moi forte, o goberno imperialista francés e a UE, e os medios de comunicación co apagon informativo (se isto sucedese en Venezuela, sería titulares dia se e dia tamén), cuns aliados inestimabeis, as burocracias sindicais da propia Francia e do resto de Europa e, sobre todo, as forzas políticas do "cambio", como Syriza, Podemos, o Plan B, etc. etc., que a contundente resposta da clase obreira colleu co pé cambiado, uns convertidos nos Hollandes de Grecia, e os outros buscando nas eleccións o que Francia ou Grecia demostran que son un canellón sen saída para os traballadores e traballadoras. Tanto Hollande como Syriza chegaron ao goberno con programas e políticas antiausteridade que gañaban pola esquerda á de Unidos Podemos, e xa vemos como están.

A clase obreira europea, como desde a Comuna de París até as ocupacións de refinerias do 2010, pasando pola revolución en 1936 ou o maio do 68, faría moi ben en aprender dun dos seus sectores que sempre pon no centro o que é o decisivo para a sociedade: a loita de clases, que existe, por moito que aos nosos intelectuais pequeno burgueses lles de por negala. O día que lles explote nos narices que non se digan que non avisamos: Francia demóstrao.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar