Publicidade

Diário Liberdade
Sábado, 13 Janeiro 2018 00:15

Ante a situación dos chamados “accesos a cidade da Coruña: "somos un pais para vellos"

Avalie este item
(0 votos)
Roberto Laxe

Clica na imagem para ver o perfil e outros textos do autor ou autora

Non é nova a preocupación que existe na poboación polos problemas que está a xerar o crecemento sen control, e sen planificación, da Coruña e da sua Area Metropolitana.


O que fai varios anos eran zonas de paso ou “accesos” á cidade, son hoxe barrios e zonas poboadas, onde misturánse zonas residenciais e zonas industriais: o exemplo mais claro desta situación é a chamada Nacional VI, Avda das Mariñas, mas non so a unica. Outro tanto acontece en ducias de zonas urbanizadas de toda Galiza, como o caso de Milladoiro e Sigueiro na área de Compostela.

Frente a elo, as institucións corren tras os acontecimentos, desbordados pola realidade, e cada umha resposta como sabe ou pode. A Xunta seguindo a loxica neoliberal do seu amo Rajoy, privatizando todo e fiando na maxima que “cada quen aguante a sua vela”, como fixo ante a última nevarada; e os concellos ancorados nun municipalismo de via estreita, que non ven mais alo das fronteiras dos seus territorios, sen entender que na Galiza actual, fortemente integrada, esos concellos son reliquias do pasado e freos o desenvolvimento: o 40% da poboación activa galega movese dun municipio a outro para traballar (e non só, para o lecer ou estudar).

Ate o de agora, todas as institucións agochabanse tras a manida “falta de educación” do uso do transporte coletivo por parte da cidadania, como se os galegos e galegas fosen estupidos e quixeran gastarse 200 euros no mes para manter o coche privado, alen do pago da ORA, que é a privatización do chan urban. A realidade ven a desmontar esta falacia; coa pequena mellora en tempos no tren entre A Coruña, Santiago, Vilagarcia, Pontevedra e Vigo, co ramal a Ourense, o seu uso aumentou un 330% según datos de Renfe; onde está a "incultura" da poboación?

O problema non é a “falta de educación” no uso do transporte colectivo, o problema é a sua inexistencia en moitos casos, ou a sua concepción subsidiaria respecto do coche particular, "deus" de todo isto, con horarios que non respostan ás necesidades sociais, de ir o traballo ou os centros de estudo, o que fai imposible o seu uso. Tan subsidiria é que con só subir a un bus decatase que as persoas que o usan non son os homes maduros, son ou ben mulleres, ou ben estudantes ou xubilados; o “macho” non vai en bus ao traballo, el vai no “seu” coche.

Corrente Vermella rexeita todas aquelas obras de infraestructuras, como a posible ampliación da Avda de Lavedra ou as rotondas na Avda das Mariñas, que non estean o servizo de humanizar a area metropolitana de A Coruña, fomentando o sistema de mobilidade mais barato, sostible e a nivel humano, o transporte colectivo, e no concreto, o tren.

Anuncios como estes teñen un cheiro a campaña electoral a kms de distancia, pois no respostan a un Plan Integral do Transporte Colectivo e Mobilidade. Presentanse medidas illadas umha doutra, como se cada unha de elas non tiveran nada que ver. Por umha banda ampliase a Avda Lavedra para que entren mais automóbiles, por outra, rotondas na Avda das Mariñas, etc. Por outra, meten os buses ate o chamado “centro”, sen ter en conta outras concepcións da cidade.

Nos anuncios de todos eles falase dos “accesos” á cidade en coche particular, mas non ha ningumha referencia ao transporte aos poligonos industriais que a rodean, desde Piadela ate Sabon, pasando por Agrela ou Alvedro, nin nos horarios, tendo en conta que os buses da área metropolitana terminan, como moito ás 10.30 da noite, de tal xeito que quen traballe en quenda de noite, ou ten coche ou gasta o salario en taxis. Está claro que non teñen como obxectivo resolver necesidades sociais reais, senon de cómo garantirlle ás petroleras os beneficios: non por casualidade pagamos o prezo do combustible máis alto do Estado tendo como temos, umha refinaria; non temos alternativas o coche particular.

Para Corrente Vermella, calquera proposta sobre os “accesos” á cidade, ten que partir dun Plan Integral que teña como eixo o medio de transporte colectivo menos contaminante, mais rendible, o tren de proximidades. Non podemos esquecer que a columna vertebral da área metropolitana esta atravesada por unha vía que vai de A Coruña a Ferrol e Lugo, atravesando e unindo zonas de alta densidade de poboación (perto de 800 mil habitantes).

Obviamente, este desprezo polo transporte publico e colectivo por parte de todas as Institucions non é froito nin da ignorancia nin da “mala uva” de ninguen; é froito dumha concepción politica na que o pobo traballador galego suministra man de obra para a emigración e materias primas, “somos un pais para vellos”... E para que quere un traballador ou traballadora galega e coruñesa un bo transporte publico se o que ten que facer é emigrar?. E os que teñan traballo aquí, que paguen. Mentras, ás clases medias galegas chegalles con que lles fagan boas estradas ou autestradas, ampliandoas ate o infinito e máis, para chegar en 5 minutos onde lles pete; total teñen diñeiro suficinte para soster os 200 euros mensuais que costa un automobil privado.

A clase traballadora, os estudantes, a veciñanza, o que precisa é un transporte axeitado ás suas necesidades, bo, eficaz e barato, con horarios axeitados, e ista racionalización pasa pola municipalización dos servizos; mentras manteñase o sistema de concesións privadas, esta racionalización vai ser imposible de levar adiante, pois cada empresa vai tirar para o seu interes e non para o da sociedade.

Nas anteriores eleccións municipais berrouse, “si se pode”; e isto significa vontade política de se enfrentar os poderes económicos e politicos que defenden a realidade actual de costes sociais e ecoloxicos, ao fomentar o automobil privado con mais estradas ou ampliacións das xa existentes. O “si se pode” non se pode transformar no “non se pode facer”, e "temos que pactar cos poderes"; porque só podremos, se a xente traballadora mobilizase e organizase desde os barrios e as vilas para conquistar un Transporte Colectivo Publico, Bo, Eficaz e Barato.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar