2016. Un ano nun minuto. Un resumo do que foi o traballo de Galiza Contrainfo. "E aquí seguiremos, contra a invisibilización dos mov. sociais".
O sábado 22 de outubro celébrase en Vigo o Festival Audiovisual Curtopia. Dentro do programa do festival presentaase o proxecto "Mulleres en Resistencia". Un traballo no que van da man a ODS-Coia, Gz Contrainfo e Raias Travesseiras. Con esta mostra péchase o festival ás 21:30.
Ence, 60 anos máis? É un documental elaborado por Galiza Contrainfo onde se recollen as voces de persoas que levan anos defendendo a ría e loitando por sacar o complexo industrial Ence-Elnosa. A implantación de Ence na ría fíxose no medio de protestas desafiando á ditadura franquista, hoxe un goberno do PP en funcións prorroga a permanencia desta industria 60 anos máis.
Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.
Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759