Neste Nadal, a Asociación Pola Defensa da Ría (APDR), coordinación galega da Plataforma Estatal Contra a Contaminación Electromagnética (PECCEM), lembra a nais e pais das alertas científicas e de distintas institucións europeas e internacionais sobre os riscos potenciais para a saúde das nosas fillas e fillos no uso de dispositivos sen fíos que emiten campos electromagnéticas (CEM) de radiofrecuencias (RF): teléfonos móbiles, teléfonos sen fíos, interfonos para a vixilancia dos bebés, dispositivos con Wi-Fi (tablets, smartphones), xogos e xoguetes con conexión sen fíos, etc.
A APDR, como coordinación galega da PECCEM, congratúlase do "recoñecemento da Electrohipersensibilidade (EHS) como causa de incapacidade para traballar en ámbitos “con Wi-Fi, telefonía sen fíos e antenas de telefonía móbil”; ao tempo que rexeita a nova normativa laboral que, na liña solicitada polos lobbies das telecomunicacións, consolida os elevados límites de contaminación electromagnética sen incidir nas alternativas tecnolóxicas que a reducen".
Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.
Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759