Publicidade

Diário Liberdade

Mostrando itens por tag: Colectivo Terra

Chegou o tempo das cicloxénes explosivas, das alertas vermellas por temporal e do Festival Treme a Terra. Como cada ano por estas datas, alonxadas da oferta cultural do verán, o Colectivo Terra organiza un festival que suma con esta 19 edicións. A data elexida é o sábado 8 de decembro, no aparcadoiro do IES Fragas do Eume. Desfrutaremos das actuacións de Bule, un grupo eumés que mistura o pop e o rock con melodías divertidas e pegadizas; Tanxugueiras, unha auténtica homenaxe á música tradicional galega; Bastards on Parade, que presentan novo disco e que fusionan as nosas raíces celtas co punk rock. E The Baboon Show, unhas criaturas salvaxes chegadas dende Suecia cun punk rock escandaloso baixo o brazo. Para as máis pequenas, e as que non o son tanto, ese mesmo sábado 8 de decembro poderemos gozar coa actuación de Pakolas, co seu espectáculo As Parábolas de Pakolas. Dende as 19:00h na Casa da Cultura. O 16 de decembro, tamén dentro da programación do festival, contaremos co espectáculo de Paco Nogueiras e a súa Radio Bule Bule. Será ás 12:00h na Casa da Cultura.

Publicado em Galiza

Dende o Colectivo Terra de Pontedeume impulsan unha nova edición do Festival Treme a Terra, unha cita que acumula con esta 17 edicións e que voltou no 2015 após varios anos de silenciamento forzoso.

Publicado em Galiza

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar