De novo no setembro cuntiense escoitarase o bruar da estornela da man do Aberto de Billarda de Cuntis, que vai pola sexta edición. Enchendo de vida unha vez máis o verde dos Albariños para convertelo nun espazo de encontro irmandiño que esnaquiza o aramio de espiños que acota cada estalo de creatividade individual e colectiva deste país.
Cúmprense 80 anos do fusilamento de Xohán Xesús González a mans dos golpistas no cemiterio de Boisaca. O 12 de setembro do infame 36, as balas dos fascistas remataron coa súa vida, con apenas 41 anos foi fusilado no cemiterio compostelán xunto a varios dos seus compañeiro do Terzo de Calo.
O vindeiro sábado 7 de maio a partir das 20.30 horas terá lugar na Casa da Cultura “Roberto Blanco Torres” da vila do Baño (Cuntis) a presentación pública do libro homenaxe a Xohán Xesús González titulado Verbo na Arria
Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.
Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759