Publicidade

Diário Liberdade
Terça, 03 Mai 2016 15:46

Cúntis recebe apresentaçom da homenagem literária a Xohan X. González 'Verbo na Arria'

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Resenhas, Cultura/Música / Fonte: O Fervedoiro

O vindeiro sábado 7 de maio a partir das 20.30 horas terá lugar na Casa da Cultura “Roberto Blanco Torres” da vila do Baño (Cuntis) a presentación pública do libro homenaxe a Xohán Xesús González titulado Verbo na Arria

Neste traballo –ademais de facermos un repaso pola vida, obra, creacións culturais e políticas dese personaxe cuntiense– medio cento de persoas entregan as súas achegas para lembrar os 120 anos do nacemento do canteiro, mestre, xornalista, escritor e político que foi quen de protexer Compostela –xunto co Terzo de Calo– no levantamento fascista de 1936. O libro, aínda que rematado o pasado ano, imprímese no actual, polo que debemos consideralo unha obra de 2015 (tal e como aparece no ISBN).

Todos os apartados do libro están rotulados no Verbo Xido (fala gremial dos arghinas ou canteiros) pois, como se sinalou, Xohán Xesús González pertenceu a ese gremio de traballadores da pedra.

Moitas foron as entidades que colaboraron –dun ou doutro xeito– nesta obra,  facilitándonos a reprodución de materiais dos seus fondos documentais ou achegando axudas e/ou orientacións: A Falculdade de Letras da Universidade de Coimbra, a Biblioteca Penzol (Vigo), o Seminario de Estudos Galegos (Compostela) a Biblioteca Xeral da USC, a Biblioteca de Xeografía e Historia (USC) e o Arquivo Histórico Universitario de Santiago de Compostela; o Museo de Pontevedra, o Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal e o Arquivo do EuskoTren / Burnibidearen Euskal Museoa.Tamén colaboran os concellos de Cuntis (municipio no que nace Xohán Xesús González) e Compostela (no que falece). Tampouco nos podemos esquecer de edicións Nympharum, a Asociación Cultural O Meigallo e o proxecto comunicativo O Quinteiro do Umia.

Esta obra, publicada a toda cor, sae dende o tórculo de Edicións Fervenza e conta cunha marabillosa maquetación realizada por Martiño Picallo quen, a parte, e autor dalgúns textos. Coordinada pola asociación O Fervedoiro, Verbo na Arria comezou a se forxar no ano 2009, cando este colectivo lle rende unha homenaxe poética a Xohán Xesús González e inaugura unha exposición antolóxica sobre del. Sete anos máis tarde, e logo de teren colaborado algo así como cen persoas, sae á luz Verbo na Arria, que conta cun limiar de Marcos Seixo (un dos biógrafos de Xohán Xesús González), cunha lámina do artista Manuel Fragoso, e unha maré de medio cento de poetas que participaron coas súas propias composicións: Vicente Araguas, Maka Arca, Olimpio Arca Caldas, Romina Bal, Helen E. Bertels, Ramón Blanco, Marica Campo, Marta Dacosta, Manoele de Felisa, Suso Díaz, Luz Fandiño, Xoán Xosé Fernández Abella, Baia Fernández de la Torre, Modesto Fraga, Xosé Lois García, Fuco Gómez Fontes, Fernando González Graña, Baldomero Iglesias, Yolanda López, Xulio López Valcárcel, Miguel Louzao Outeiro, Xosé Luna, Xosé Luís Méndez Ferrín, Vanessa Míguez Bouzas, Alexandre Nerium, Ramón Neto, Lucía Novas Garrido, David Otero, Seném Outeiro, Carlos Penela, Héitor Picallo, Martiño Picallo Fontes, Xavier Queipo, Xesús Rábade Paredes, Lorena Rei Noia, Eli Ríos, Elvira Riveiro Tobío, Lara Rozados, Susana Sánchez Aríns, Xosé Luís Santos Cabana, Uxía Seixo, Nieves Soutelo, Diana Varela Puñal, Xosé Vázquez Pintor, Rocío Viéitez, Ramón Vilar Landeira, Miro Villar, Helena Villar Janeiro e Ana Vispo.

Tamén se reproducen tres composicións que se lle dedican a Xohán Xesús González en vida: unha do seu amigo e conterráneo Manuel Mesejo Campos, outra José Márquez Peña e a última de Ramón Martínez López.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar