É por iso que a asociación O Fervediro quere renderlle unha nova homenaxe ao pé da súa campa sepulcral. Será este vindeiro domingo 11 de setembro cando realizaremos no cemiterio de Sta. María de Cequeril (Cuntis) unha ofrenda floral e recital poético en recordo ao canteiro e escritor cuntiense. Ás 11.30 horas sairemos dende diante da casa do concello de Cuntis cara Cequeril.
Posteriormente participaremos dun xantar, para o que cómpre reserva antes do xoves 8. Terá un custo aproximado de 15€ e para asistir deberase contactar con O Fervedoiro.