Publicidade

Diário Liberdade
Sábado, 04 Junho 2016 10:03

Frente às continuas chantagens da Ence: Move-te pola Ria de Ponte Vedra!

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Consumo e meio natural / Fonte: APDR

[Antón Masa*] A Ría de Pontevedra atravesa unha situación preocupante polo grado de contaminación das augas, que non cumpren os obxectivos de calidade establecidos na lexislación para augas de cultivos mariños e para augas de baño poñendo en perigo a actividade dos sectores que teñen nestas actividades o seu medio de vida. E son moitas as fontes responsábeis desta contaminación, de forma particular a falta dunha depuración axeitada das augas residuais de orixe doméstica e a presenza do complexo ENCE-ELNOSA, o que se traduce –en ámbolos casos- na existencia dunha forte carga de materia orgánica e bacterias coliformes fecais.

Faise necesario eliminar todos os vertidos directos á Ría e aos ríos que a conforman, separar definitivamente as augas fecais das pluviais, impedindo a chegada destas últimas ás estacións EDAR, estender a rede de depuradoras a todas as aglomeracións urbanas da Ría, adaptándoas ás necesidades reais de depuración e asegurando a calidade esixida para as augas de baño e cultivos mariños. Pero faise imprescindíbel tamén eliminar o vertido de ENCE pois, de calquera outro xeito, o saneamento será imposíbel.

Neste sentido, a recente concesión por parte do goberno en funcións do PP dunha prórroga de 60 anos á empresa ENCE, supón un duro golpe ás posibilidades de saneamento da Ría e a hipoteca do futuro da comarca, que verá imposibilitada a recuperación dos recursos naturais, das praias urbanas de Pontevedra, da saúde e calidade de vida das persoas e a creación de emprego, que ten que vir da man da explotación racional dos recursos naturais (pesca, marisqueo e monte) e turísticos. Pero non debemos esquecer tampouco o impacto que tería a permanencia de ENCE en Lourizán sobre o monte galego da man da eucaliptización, un proceso contrario á biodiversidade e a un mundo rural vivo e que favorece os incendios forestais.

E, lonxe de mellorar os seus niveis de vertido, ENCE opta –mais unha vez- polo camiño da chantaxe e do compra de estómagos agradecidos, un camiño que lle leva a ofertar un barco ás Confrarías a cambio de que muden a súa posición contraria á presenza de ENCE na Ría. Barcos a cambio de contaminación e deterioramento ambiental, económico e da calidade de vida e saúde da cidadanía; a cambio do silencio e do apoio incondicional ápermanencia de ENCE na Ría. Por iso, hoxe mais que nunca, é fundamental revogar esta prórroga como o é conseguir que o saneamento integral da Ría chegue a bo porto, un obxectivo que pasa por intensificar a mobilización social. Neste contexto, é fundamental que toda a comarca de Pontevedra se mobilice pola Ría camiñando hoxe 4 de xuño desde Marín e Pontevedra ata a fábrica de ENCE.

Antón Masa, presidente da APDR

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar