O Foro do Camiño, do que fai parte ADEGA e conformado por 30 organizacións defensoras dos Camiños de Santiago, vén de enviar un informe ao Comité Nacional Español do ICOMOS para denunciar as obras que a Axencia de Turismo de Galicia está a promover nos Camiños Norte e Primitivo de Santiago. Aínda que van disfrazadas baixo eufemismos como “acondicionamento, recuperación e mellora” das vías medievais, as obras, que xa alteraron 12 quilómetros da traza histórica nunha primeira fase e que se pretenden continuar ao longo de toda a senda durante os vindeiros meses, atentan contra a fisonomía tradicional dos vellos camiños históricos de peregrinaxe que acolle tanto o contido físico e tanxible dos Camiños de Santiago, como o seu carácter espiritual, simbólico, histórico e cultural.
Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.
Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759