Publicidade

Diário Liberdade
Sábado, 10 Dezembro 2016 14:43 Última modificação em Terça, 13 Dezembro 2016 16:41

Feijó desregula setor da biomassa e abre as portas a encher a Galiza com mais eucalipto Destaque

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Consumo e meio natural / Fonte: Adega

Coa derrogación do decreto 149/2008, xa non existe límite de potencia nin de cantidade para as plantas de biomasa. Un vello anceio de ENCE: ter a medio país producindo eucalipto para pasta e ao outro medio madeira para queimar...

A "lei de acompañamento" dos orzamentos anuais (Lei de medidas fiscais e administrativas) tense convertido nunha espúrea ferramenta para modificar pola porta de atrás lexislación varia, furtando o trámite e o debate sectorial. En anos pasados asistimos, tanto o governo estatal como a Xunta teñen usado profusamente este subterfuxio para desmontar cautelas ambientais: o machetazo á lei de costas por Aznar nos orzamentos de 2002 que abríu a porta á burbulla inmobiliaria no litoral; as modificacións da lei do Solo por Feijóo en 2010; a supresión da avaliación de efeitos ambientais e de toda a lexislación galega contra o ruido en 2012...
Agora tócalle á biomasa, cuxo marco normativo aprobado polo bipartito en 2008, o  Decreto 149/2008, será derrogado por Feijóo na devandita "lei de acompañamento" dos orzamentos de 2017.

Isto significa que dende 2017, non haberá xa límite de potencia (agora son 10MW por planta, con un máximo de 80MW en total) para as instalación de biomasa en Galiza. É xusto o que quería ENCE (ENergía y CElulosa) para acadar o obxectivo de estender o seu modelo de xeración enerxético baseado nas grandes térmicas, pola vía dos cultivos enerxéticos (plantar-queimar-plantar) e que traerá unha nova vaga re-eucaliptizadora.

As razóns polas que o Decreto 149/2008 que agora vaise derrogar, establecía un tope de potencia para as plantas de biomasa forestal, tanto unitaria (10MW) como no conxunto de Galiza (80MW) estaban relacionadas coa dispoñibilidade de materia prima para queimar e coa sustentabilidade do proceso.

Tratábase de axeitar a potencia unitaria ao combustíbel dispoñíbel nunha determinada área xeográfica (50 km de radio arredor de cada instalación) e non ao revés, para actuar como complemento doutros aproveitamentos forestais e non provocar un "efecto chamada". Queimar biomasa en pequenas plantas debía ser un complemento á explotación do monte, e non un fin en si mesmo.

Benvidos Mr. Nitens, Liquidambar, bambú; adeus bosques autóctonos...

A partires de 2017 nada impedirá a ENCE ou á patronal enerxética promover plantas de 50, 100, 200 MW que precisarán inxentes e continuas cantidades de biomasa para queimar. E de onde vai sair tanta cantidade de madeira? Pois dos cultivos enerxéticos que como o Eucaliptus nitens, as filiais e os testaferros forestais de ENCE veñen plantando a eito dende hai anos por todo o país, mesmo en territorios (zonas altas, interiores e frías) aos que non podía chegar a variedade E. globulus

E non só o E. nitens vai formar parte desta nova vaga de monocultivos enerxéticos: na Orde de cultivos enerxéticos que o PP ten preparada dende 2012 e que de seguro non tardará moito en aprobar, están tamén especies como o Liquidambar, a Pawlonia ou mesmo a invasora Acacia, que xunto co bambú poderán ser aproveitadas en masas continuas monoespecíficas de até 100 hectáreas e ciclos de corta de 4-6 anos.

A presión destes novos cultivos enerxéticos sobre os ecosistemas galegos vai ser brutal: se as 8 plantas de biomasa de 10MW de potencia unitaria previstas na Orde que vai ser derrogada, demandan xa un subministro anual de case un millón de toneladas (o que supón entre 15.000 e 20.000 hectáreas anuais de cortas, ver mapa lateral); multiplicar por 10 a potencia máxima instalada (até os 800MW totais) requeriria queimar todos os anos unha superficie equivalente á metade da provincia de Pontevedra.

De onde vai sair toda esa terra? Pois da transformación a forestal de terras agrícolas produtivas e mesmo de chan rústico (tamén na lei de acompañamento de 2017), aliás dos terreos "abandoados" e de alto valor natural nas zonas altas e interiores do país, que agora a pasteira pode colonizar co E. nitens.

A necesidade continua de máis plantíos, con unhas cantas especies de crecemento rápido xestionadas polo oligopolio pasteiro-enerxético, suporá o empobrecemento da biodiversidade, a perda dos servizos ecosistémicos do monte e unha nova desfeita paisaxística. Os cultivos enerxéticos debido ás súas características e ciclos curtos, provocarán un empobrecemento intensivo do solo, coa conseguinte redución da fertilidade e da súa capacidade de renovación, condicionando o seu aproveitamento futuro para outros usos.

E dende a perspectiva socio-económica, a promoción sen limitacións da biomasa pasa por adicar a cultivos enerxéticos grandes superfícies de terras de cultivo, perdendo máis capacidade de produción de alimentos e soberanía alimentar, favorecendo o abandono do agro e concentración da propiedade en poucas mans, e condicionando o modelo produtivo dos montes veciñais en man común.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar