CIG e CSIF no marco da campaña iniciada pola estabilización do emprego dos traballadores e traballadoras do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPDCIF) da Xunta de Galicia, veñen de rexistrar 800 sinaturas de persoal laboral do citado servizo, amosando polo tanto ó rexeitamento ás intencións da Xunta de Galicia de eliminar as prazas de acceso libre da Oferta de Emprego Público correspondente ao ano 2016, prazas que ascenden a cifra de 94.
Asimesmo, CSIF e CIG denuncian ó incumprimento do goberno galego no que atinxe ao acordo de bombeiros forestais e a súa segunda actividade, acordo asinado en setembro de 2016 polas consellerías de Facenda e Medio Rural xunto coa parte social e, onde recolle a redución da taxa de temporalidade (a cál excede con creces ó 40% do dispositivo contra incendios), mediante as correspondentes ofertas de emprego público para prazas de persoal laboral no período 2017-2020.
CIG e CSIF, con motivo das accións desenvolvidas nestas derradeiras semanas e, onde non poden "máis que AGRADECER a participación dos traballadores e traballadoras do SPDCIF na asamblea celebrada en Silleda así como na propia manifestación de fai uns días polas rúas de Compostela", seguirán mantendo os actos reivindicativos que sexan precisos e necesarios encamiñados na inmediata convocatoria de oposicións a prazas de persoal laboral, en aras da consecución da citada estabilidade laboral para o colectivo contra incendios, para o que continuarán informando da situación laboral na que se atopa o colectivo integrado no SPDCIF, como consecuencia do anuncio da Consellería de Facenda de promover oposicións nas diferentes escalas de funcionarios creadas polo goberno galego na lei de acompañamento dos orzamentos xerais para a comunidade galega do 2017, convocatoria como funcionarios que levaría irremediablemente ao cese de traballabores e traballadores con experiencia laboral, en moitos dos casos, con máis de vinte anos de servizo.