Xoves 15 - 20h - Espazo Matadoiro Compostela
Con este coloquio queren poñerlle voz e corpo ás mobilizacións veciñais na defensa do ben común. Coñecer as resistencias que se tecen para frear os intereses especulativos e electoralistas, colocando a vida e os dereitos sociais no centro. Reflexionar sobre a solidariedade e o apoio mutuo como ferramentas fronte a represión das que traballan pola xustiza social.
Para abordar todo isto e moito máis contarán con persoas que participaron en diferentes loitas veciñais para contarnos a súa experiencia e xerar sinerxías na defensa do que é de todas.
Será o xoves 15 de decembro ás 20hs no Espazo Matadoiro Compostela (Praza do Matadoiro, s/n) e partillarán xornada connosco:
- Asemblea Aberta de Coia (Vigo)
- Plataforma “Defender o público, a Casa da Xuventude é nosa" (Compostela)
- Plataforma de Galeras (Compostela)
- Elviña non se vende (Coruña)
- Coordinación de loitas Baladre
Tamén proxectarase o curtametraxe #MoitoPeixeRompeARede, unha peza de 8 minutos que fai un repaso polos meses de loita veciñal na rotonda de Coia e polas consecuencias da mesma.
Esta actividade organizada pola Asemblea Aberta de Coia, está enmarcada na campaña “Quérennos soas, terannos en común”, dirixida a aglutinar apoios a Diego Lores, unha das persoas represaliadas pola loita contra a instalación do barco Bernardo Alfageme nunha rotonda deste barrio vigués, con xuízo fixado para o 17 de xaneiro.