Publicidade

Diário Liberdade
Segunda, 19 Dezembro 2016 15:44

Convocam manifestaçom "contra a pobreza energética e o oligopólio" nesse setor

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Repressom e direitos humanos / Fonte: Diário Liberdade

Será em Ferrol, dia 21, às 19:00.

A chamada 'pobreza energética', que nom é em realidade nada diferente a umha relaçom mercantil capitalista aplicada sobre a energia, afeta centenares de milhares de pessoas na Galiza.

É por isso que diversos coletivos convocam umha manifestaçom no dia 21 na capital da comarca de Trasancos.

Reproduzimos a seguir o texto da convocatória recebida polo Diário Liberdade das Marchas da Dignidade de Trasancos:

O recibo da luz volveu a subir en Novembro 2016, co que acumula sete meses consecutivos de incrementos, o que representa unha suba media por fogar do 27,8%. En Outubro, cunha lexislación que beneficia ás grandes compañías eléctricas era o Tribunal Supremo o que tombaba o chamado "bono social", e obrigaba a indemnizar as eléctricas por ter que pagar esa tarifa subvencionada que levaba dous anos en vigor. O tribunal recoñece o "dereito" das compañías eléctricas a cobrar unha indemnización polas cantidades que tivo que asumir, o que repercutirá na tarifa que temos que pagar todas. Despois da Sentenza do Supremo faborábel ás coorporacións eléctricas, o Goberno ten previsto aprobar antes de fin de ano un Real Decreto-Lei sobre o financiamento do Bono Social eléctrico que afectará en maior medida aos fogares e non aos grandes consumidores, segundo denuncia a cooperativa Som Energia. Mentres, Iberdrola, Endesa e Gas Natural-Fenosa rexistraron un beneficio conxunto nos seis primeiros meses de 2016 de perto de 2.900 millóns de euros... mentres, na Galiza son máis de 110.000 fogares afectados pola pobreza enerxética e no resto do estado supera os catro millóns de persoas afectadas...

Mobilizamo-nos para esixir medidas contra a pobreza enerxética, na súa prevención e eliminación, mais tamén na denuncia aos oligopolios eléctricos que, co apoio gobernamental, impoñen prezos, baleirando as economías domésticas e as arcas públicas, para os seus beneficios privados. Desde principios deste mes veñen-se realizando mobilizacións en toda Europa, para denunciar esta situación, onde moitos fogares padecen a pobreza enerxética. Este 21 de Decembro, están convocadas varias mobilizacións en Galiza e en moitas cidades do resto do Estado, para que, entre outras demandas, non se permita ás compañías eléctricas que corte a luz a familias con problemas económicos. O recente casos de Rosa, unha anciá de Reus (Catalunya) que finaba queimada polo lume causado po unhas velas, logo de que Gas Natural Fenosa cortara a subministración eléctrica sen informar aos servizos sociais; mesmo, con anterioridade en Ourense, onde outro ancián, de 87 anos, morría queimado, e o seu irmán quedaba con queimaduras graves pola mesma razón; crearon unha onda de indignación. Cada vez son máis as persoas que queren rematar xa coas tarifas abusivas e os cortes de luz a familias sen recursos.

O estado neoliberal avanza na súa consolidación e o que tiña que ser o recoñecemento do dereito de acceso universal á enerxía e á auga como subministración básica, ao igual que o dereito á vivenda digna e adecuada, o dereito á alimentación, aos coidados, á educación e á saúde, a un traballo digno ou a unha renda básica, para que cada persoa poida gozar dunhas condicións de vida dignas; o estado neoliberal converte, o dereito á enerxía como servizo público esencial, nun negocio privado con beneficios garantidos, controlado por cinco corporacións eléctricas que conforman un oligopolio... O estado neoliberal, fai do dereito beneficencia; e en vez de desenvolver medidas estruturais, con solucións inmediatas, permanentes e preventivas... aplica só medidas paliativas, perpetuadoras da pobreza e a dependencia, de por vida, dos servizos sociais de ducias de miles de fogares.

Cumpre xa pasar a ofensiva, non se mantén que o oligopolio conformado polas corporacións eléctricas manteñan en xaque a un Estado e na pobreza enerxética a millóns de persoas, logo de facer-se con máis de 103.000 millóns de euros cobrados ilexitimamente entre o período 1997 e 2013 ou que siga reclamando ducias de miles de millóns polo chamado "déficit enerxético" sen ningún tipo de control, nin auditoría.

Polo que Reclamamos: a prohibición legal de todos os cortes de luz a familias con problemas económicos... O fin aos abusos tarifarios... A creación dunha auténtica tarifa social... O recoñecemento e devolución por parte das grandes eléctricas dos 3.500 millóns de euros que cobraron indebidamente... A Auditoría ao sistema eléctrico... A aplicación do tipo de IVA superreducido á electricidade... A creación dunha tarifa eléctrica galega... e o rescate para o sector público de activos enerxéticos hoxe en mans privadas... 

MANIFESTACIÓN DIA: MÉRCORES 21 DE DECEMBRO. HORA: 7 DA TARDE (19:00HS). LUGAR DE SAÍDA E CHEGADA: PRAZA AMADA GARCIA (DIANTE DO EDIFICIO ADMINISTRATIVO DA XUNTA DE GALICIA),

PERCORRIDO: RÚAS REAL, TERRA, IGREXA, PRAZA DO CALLAO E ROCHEL.



Polo de agora son 22 entidades as que convocan a manifestación:

- Stop Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra.
- PAH de Ferrol e Comarca.
- Espazo Ecosocialista.
- Asociación Veciñal "O Rosario" do Inferniño.
- AVV "A Madalena" Ferrol .
- Fundaçom Artábria.
- Marcha Mundial das Mulleres.
- Foro Galego de Inmigración.
- A Revolta de Trasancos Colectivo Sociocultural.
- Esquerda Unida.
- ANOVA-IN (Pendente de Confirmar).
- Fuco Buxán A.C.
- Decide en Común.
- Marchas da Dignidade Ferrolterra.
- Cerna.
- MoveNeda - Movemento Veciñal.
- Asociación Sociocultural Muíño do Vento.
- Ateneo Ferrolán.
- Asociación Sociocultural “López Bouza”.
- Sindicato de Estudantes.
- Esquerda Revolucionaria.

- LiGanDo.
Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar