O dia 10 de Janeiro, o filólogo tradutor e directivo da nossa Agrupaçom, Henrique Sánchez Rodríguez falará dentro do Ciclo, Economia, História, e C.C. Sociais com a sua palestra intitulada:“Fernando Rodríguez Campelo: Testemunhas desde o cárcere da Corunha”
Sánchez Rodríguez é Lcdo. em Filologia Galega pola UDC e Filologia Hispânica pola USC. Entre as súas publicaçons como tradutor salientam Viaxeiros por Galicia (Trifolium, 2011) de Xan Arias-Andreu, Manuel Gallego. Arquitectura 1969-2015 (2015), Said Armesto: a lección dun cidadán libre (2014), Impresións dunha viaxe por Galicia en 1935 (2011) de Federica Montseny, A natureza humana: xustiza versus poder (2010), conversa entre Noam Chomsky e Michel Foucault, A arte de escribir sen arte (2010) de Felipe Alaiz e os livros didácticos Veciños cósmicos, O soño de Mateo, Buscando o Norte, Astrónomos esquecidos, Camiños do ceo e Terra paralela, entre outros. Participou no libro colectivo Alén do silencio, iniciativa de Xosé Estévez. Publicou na revista Ferrolanálisis nº 19 “Homenaxe a Álvaro Paradela no vinte e cinco aniversario do seu pasamento”, fruito das suas pescudas verbo da biografia do médico e escritor Álvaro Paradela (Amaro Orzán), que ainda está inédita.
A sua inqueda actividade cultural levou-no a participar no Congresso da Memoria Histórica de Pontevedra (2007); no Outono Pondaliano no 2012.
Dia: 10 de Dezembro 2016 - Hora: 8 do serám
Local: Portas Ártabras – Rua Sinagoga 22
Cidade Velha - Corunha