Publicidade

Diário Liberdade
Terça, 17 Janeiro 2017 15:59

ADEGA e SomosCedeira abandonam a Plataforma em Defesa da Ria de Cedeira

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Consumo e meio natural / Fonte: Adega

Despois duns meses da creación deste colectivo a asociación ecoloxista ADEGA e o colectivo cívico Somos Cedeira, deixarán de participar por entender que se desvía dos obxectivos para os que foi constituída.

A posición de ADEGA fronte o soterramento indiscriminado das praias galegas, foi sempre claro: investigar cales son as causas da desaparición de area e atallar esas causas. Sempre se manifestou en contra do soterramento indiscriminado polo custosa que é esa medida e polas graves consecuencias mediambientais que estas intervencións teñen. Por esas razóns impulsou a creación da plataforma en defensa da Ría de Cedeira, porque era un paso necesario para acadar unha xestión máis ecolóxica do entorno da praia e da ría de Cedeira.

O leitmotiv da constitución desta plataforma foi o de esixir que se realizase un estudo de impacto ambiental antes de acometer custosas intervencións, para poder coñecer a efectividade das intervencións e o impacto que producen sobre a reserva mariña. Así o entenden ADEGA e SomosCedeira que veñen reclamando este estudo dende o ano 2014, no que despois dunha serie de fortes temporais se deitou area en moitas praias galegas.

Esta demanda cidadá, que a Demarcación de Costas se empeña en non realizar, leva vixente polo menos dende o ano 2001, como atestigua o diario de sesións do Senado no que se recolle unha pregunta do BNG sobre as obras de dragado que se realizaron nese ano. A resposta do goberno dí textualmente que “Se iniciará el estudio para cuantificar las causas del deterioro y evaluar posibles soluciones cuando concluya la obra que se está realizando”.

"O último acordo da plataforma de propoñer o retranqueo da praia, sen ningún tipo de estudo previo, alónxase desa idea coa que se constituíu a plataforma e que a cidadanía de Cedeira leva 16 anos reivindicando. Se realmente esta plataforma vai propoñer intervencións na praia sen o correspondente Estudo de Impacto Ambiental (EIA), non ten sentido que ADEGA e SomosCedeira sigan participando nela, posto que vai en contra dos valores que defenden", din de ADEGA.

Por estas razóns, ADEGA-Ferrolterra e SomosCedeira acordaron que deixarán de participar nesta plataforma, de non existir un cambio na liña que mantén.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar