Publicidade

Diário Liberdade
Terça, 17 Janeiro 2017 22:06

35,2% da populaçom galega amontoa-se em menos de 1% da superfície da Galiza

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Reportagens / Fonte: Sermos Galiza

[X. M. Piñeiro] Perto dun millón de persoas en apenas 219 quilómetros cadrados. Pola contra, 892.000 galegos (32% da poboación do país) vive en zonas pouco poboadas, que representan o 94% do noso territorio.

Os galegos somos cada vez menos e cada vez estamos máis amoreados. Como se fósemos un enxame. Os dados do Instituto galego de estatística correspondentes ao grao de urbanización do noso país en 2016 indican que perto dun millón de galegos viven nas denominadas ZDP, Zonas densamente poboadas, as cidades. Son, en concreto, 971.271 persoas, 35,2% da poboación de Galiza, e viven nunha superficie que representa apenas 0,7% do territorio galego, en 219 quilómetros cadrados.

Outro terzo da poboación, 892.367 persoas (32,3%), residen nas denominadas ZPP, zonas pouco poboadas, as áreas rurais, que se estenden por unha superficie de 27.716 quilómetros, o que vén sendo 93,7% do territorio do noso país. Estamos, pois, ante unha diferenza moi grande. A densidade de poboación media neste caso é de 32 habitantes por quilómetro cadrado mentres que no caso anterior, as zonas densamente poboadas, anda por riba dos 4.000.

Hai unha franxa intermedia, as coñecidas por ZIP e que se refiren a vilas e arredores. Nelas, que supoñen 1.635 quilómetros (5,5% do territorio de Galiza), viven 896.000 galegos, o outro terzo da poboación do país.

Galiza camiña a pasos de xigante para ser un país con cada vez menos poboación e esta máis avellentada. As proxeccións de poboación realizadas polo Instituto galego de estatística (IGE) e publicadas nestes días sinalan que para 2031 a pirámide poboacional galega terá 26% menos de menores de 10 anos e un 16% de persoas entre os 80 e 94 anos.

Evolución

No 2015 tiñamos 219.310 menores de 10 anos en Galiza. Deles, 104.813 eran menores de 5 anos. Segundo as proxeccións do IGE, en 2031 teremos 139.899 persoas por baixo dos 10 anos de idade. Isto supón que dentro de 15 anos ese tramo de poboación, a de 0 a 9 anos, constará de perto de 80.000 persoas menos. O equivalente a todos os habitantes da cidade de Ferrol, por poñer un exemplo. Unha caída de 26%. Pola contra, a pirámide engrosa polo cumio. O ano pasado había 215.785 persoas que tiñan entre os 80 e os 94 anos de idade. Dentro de quince anos serán 251.095, o que é 35.310 persoas máis, un incremento de 16% respecto da actualidade.

Así pois, cada vez menos habitantes, máis avellentados e vivindo a gran maioría nunha pequena parte do territorio, ficando gran parte del deshabitado ou minimamente poboado.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar