A pensión media galega sobre un xaneiro un 2% e sitúase en 771,34 euros. Un aumento insuficiente para tirar Galiza do furgón de cola en canto a pensións pois somos o segundo territorio do estado coas pensións máis baixas, só Estremadura presenta un peor rexistro ca nós. Ademais, a pensión media galega continúa 15 puntos por baixo da media estatal, que é de 913 euros mensuais, 142 euros máis que a galega.
En xaneiro o número total de pensións no noso país é de 756.601, o que supón o 8% de todas as do estado. Desde comezos de 2016 até agora aumentou o número nun 0,5%. A pensión de xubilación media en Galiza foi de 876 euros, o que supón 178 euros menos que a media española, que está nos 1.054 euros ao mes. Fendas hai tamén se comparamos as cantidades medias que se pagan en Galiza e estado en viuvedade ou incapacidade permanente.