A Cristina, fai uns poucos meses que se lle acaba de conceder o Risga. Esta situación comunicoulla Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra ao Delegado Territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, o pasado venres 27 de xaneiro, cando veu a Ferrol para ensinar-lle a vivenda asignada a J.T.Z. que ten previsto desafiuzamento o 13 de febreiro. Onte mesmo estiveron reunidos co Concelleira de Benestar, para que os Servizos Sociais solicitaran o adiamento do lanzamento da vivenda, até que non se lle atopara unha alternativa residencial a esta familia, en cumprimento do acordado no Convenio entre Fegam, Xunta e Poder Xudicial.