Publicidade

Diário Liberdade
Quarta, 01 Fevereiro 2017 16:23 Última modificação em Quinta, 02 Fevereiro 2017 21:18

Adega celebra 41ª Assembleia Nacional: entrega dos prêmios oxigênio e renovaçom da diretiva

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Consumo e meio natural / Fonte: Adega

Este 20 de febreiro celebrouse na Coruña a 41 Asemblea Xeral de Adega. Celebráronse tamén os actos comemorativos dos 40 anos, aprobáronse varias propostas de resolución,  renovouse a Directiva e entregáronse os premios Osíxeno 2016.

Propostas de resolución da 41 Asemblea

En memoria de Berta Cáceres e das persoas asasinadas defendendo o ambiente: A Asemblea de ADEGA quere solidarizarse coa familia e contorna de Berta Cáceres, activista ambiental contra os abusos das transnacionais asasinada o pasado ano en Honduras, e coas familias das demáis persoas asasinadas por defender a Terra. Adega condea tanto estas mortes como todos os crimes acontecidos en 2016 contra persoas que defendían o ambiente e os dereitos humanos e esixe xustiza e investigacións independentes.   

Para salvar os nosos bosques autóctonos, prohibición do Eucaliptus nitens: A Asemblea de ADEGA exixe que o Eucaliptus nitens, “especie exótica en expansión, con alto risco de invasión e perigosa para a biodiversidade e a funcionalidade dos ecosistemas”, como resolveu o Comité científico do Ministerio español do ambiente, sexa incluido no Catálogo estatal de especies exóticas e invasoras. En consecuencia, tanto o estado como a Xunta deberían prohibir a plantación, trafego e aproveirtamento desta especie para preservar a integridade do noso patrimonio natural.   

Contra o expolio eléctrico, unha Axencia enerxética galega e pública: Perante o oligopolio enerxético que está a provocar, coa complicidade dos governos, que unhas poucas compañías condeen á pobreza enerxética a milleiros de persoas, a Asemblea de ADEGA propón á Xunta a conversión do INEGA nunha axencia pública galega da enerxía. É posíbel que o aproveitamento das fontes de enerxía renovábeis, das que o noso país dispón de importantes recursos, revirta no beneficio da cidadanía e do ambinete, particularmente cando se insira nunha nova política transversal de autoprodución, eficiencia enerxética e loita contra o cambio climático. Apoiar as iniciativas que reduzan as emisións á atmosfera como o auto-consumo e favorecer a xeración a pequena escala preto dos lugares de consumo deberían ser tamén obxectivos desta Axencia. Só a corrupción e as portas xiratorias explican o mantemento dun sistema eléctrico inxusto para a cidadanía e lesivo para o ambiente galego.

Entrega dos premios Osíxeno 2016 e celebración dos 40 anos

No decurso do xantar de confraternización da 41 Asemblea fíxose entraga dos Premios Osíxeno 2016. Foron premiados/as na categoría individual a avogada do Comité Cidadán de Emerxencia para a ría de Ferrol Patricia Gabeiras e na categoría colectivo a cooperativa Ribeiregas. Como premio Osíxeno de Honra 2016, nestes 40 anos quixemos recoñecer o labor de Ramón Varela, ex-presidente de ADEGA, militante histórico da organización e un dos máximos expertos en contaminación ambiental en Galiza.
"A todos/as, premiados e asistentes, moitas grazas!", din.

Xa na sesión de tarde no Quiosco Alfonso, tiveron lugar os actos festivos e de comemoración dos 40 anos da organización. Baixo o título de "ADEGA na crise dos 40", contamos coa colaboración de Pilocha, Lois Pérez, Ecogaiteiros (Moncho do Orzan, Xiana de la Peña e Xandro García) e moi especialmente con Lucecús Teatro que guiaron o acto. Agradecen tamén ao concello da Coruña o soporte para a realización deste acto, e a todos/as os asistentes socios/as e simpatizantes, a súa presenza e apoio.

Álbum de fotos dos ACTOS DOS 40 ANOS

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar