O vindeiro LUNS 6 DE FEBREIRO, de 10:00 a 14:00 horas, centos de traballadoras e traballadores da Consellería de Política Social CONCENTRARANSE DIANTE DO PARLAMENTO DE GALICIA (coincidindo coa celebración do Pleno no que previsiblemente se aprobarán os Orzamentos 2017 e a Lei de Medidas Fiscais e Administrativas) para protestar polo PROCESO DE FUNCIONARIZACIÓN OBRIGATORIA DO PERSOAL LABORAL TEMPORAL que contempla o ARTIGO 12 da mencionada Lei de acompañamento aos Orzamentos.
O persoal afectado denuncia que de aprobarse esta medida, imposta de xeito unilateral pola Xunta, milleiros de traballadores e traballadoras temporais, que levan anos prestando servizos para a administración pública galega, perderán importantes dereitos laborais e retributivos e os seus postos de traballo, por mor do que consideran un ERE encuberto.