Publicidade

Diário Liberdade
Quarta, 25 Mai 2016 06:32

Touradas Fora de Ponte Vedra contesta Lores perante o seu apoio ao convénio taurino

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Institucional, Direitos nacionais e imperialismo, Consumo e meio natural / Fonte: TFdPV
Nunha entrevista na prensa local o alcalde da cidade teima na defensa do convenio entre o Concello e os propietarios da praza de touros de Pontevedra, un convenio mediante o cal os empresarios da tortura embolsan cada ano case 48000 euros de forma directa e non se sabe canto máis grazas á “explotación do servizo de bares e bebidas durante a celebración dos espectáculos que organice o Concello de Pontevedra” en dito lugar (tal e como recolle literalmente o convenio).

Diante desta nova defensa do convenio por parte do Concello, desde Touradas fóra de Pontevedra, colectivo que desde 2010 leva traballando pola abolición das touradas desde a Pontevedra, reafirman que o diñeiro obtido polos Lozano grazas ao convenio da vergoña serve para axudar a soster "o seu negocio criminal, polo que non ten ningunha xustificación". Eses señores son empresarios, e o diñeiro que reciben emprégano en manter a súa empresa, independentemente dos motivos que o Concello alegue para manter o convenio.

En consecuencia, para Touradas fóra de Pontevedra o mantemento do “torneo medieval” na Feira Franca e calquera outra utilización (das pouquísimas) que o Concello dá á praza, nunca xustificarán a entrega de diñeiro público a empresarios taurinos. "De verdade que non se poden buscar actividades alternativas ao famoso torneo? Esa actividade vaise manter na programación da Feira Franca desde agora para sempre, ano tras ano igual? Lembramos que este convenio existe desde antes de que na Feira Franca se organizase o torneo medieval".

O posicionamento abolicionista, como todo, demóstrase na práctica, e declararse antitaurino mentres se mantén este convenio é unha contradicción evidente. Na lóxica institucionalista quizá se poda pensar que é unha contradicción “asumíbel” porque é posíbel que non reste moitos votos, mais da plataforma contra as touradas dubidan "que esa deba ser a lóxica de quen busca a transformación e progreso sociais".

"Desconcértannos as críticas do alcalde ante unha suposta busca de rendibilidade política por parte de quen defendemos o fin do convenio. Desde logo ese non é o caso de Touradas fóra de Pontevedra, entidade na que participamos persoas con diversas visións e na grande maioría dos casos sen ningunha vinculación partidaria. Se algunha vez se tivese reunido con nós sabería de primeira man que somos veciñas e veciños de Pontevedra, que realizamos traballo de base na nosa cidade desde hai anos e que o noso interese exclusivo é a abolición das touradas en Galiza e alá onde exista semellante barbaridade".

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar