Desta volta, visitaremos as Fragas do Eume, e dentro del o Parque etnográfico do río Sesín, o Mosteiro de Caaveiro, o Museo etnográfico da Capela ou a Escola-Museo de Gutriz. O percorrido será de dificultade media e duns 10 quilómetros.
Acompañaranos e guiaranos no percorrido a Asociación Cultural Roxín Roxal.
Percorrido
Lonxitude: 10 km.
Dificultade media. Prevese terreo escorregadizo, polo que se aconsella levar bastón.
Colabora: Asociación Cultural Roxín Roxal.
Reserva a túa praza!
A reserva de praza debe realizarse, chamando ao local de ADEGA-Lugo (982240299) ou ao móbil (679113718) ou enviando un mail a Este endereço de email está sendo protegido de spambots. Você precisa do JavaScript ativado para vê-lo. co teu nome completo e número de contacto antes do venres 17 de febreiro.
Ollo!: A partir do xoves 16 de febreiro só poderás contactar con ADEGA a través do teléfono móbil, polo que recomendamos que reserves a praza antes.
Cubriranse as prazas ata que se esgoten.
A SAÍDA do autobús terá lugar o domingo, 19 de febreiro, diante da Facultade de Profesorado de Lugo (antigo Maxisterio) ás 9 HORAS.
Se por algunha razón, as persoas que xa teñan reservado praza non poden asistir ao roteiro, prégase que avisen por teléfono coa máxima antelación posible para dar cabida a que outra xente participe.
Os PREZOS para a realización desta actividade son:
- Xeral: 15€.
- Estudantes, xubilad@s e desempregad@s: 12€.
- Soci@s de ADEGA: 10€.
- Ata 17 anos: 5€.
O pago realizarase no autobús.
As persoas participantes deberán levar a súa comida e roupa e calzado axeitados. E, desta volta, tamén se recomenda o uso de bastóns.
O bo humor é cousa de todas/os!
Anímate a participar!