Preguntados se a sanidade está mellor xestionada se o fai a administración pública ou a empresa privada, para o 80,7% dos galegos e galegas que respostaran ao inquérito xestiona mellor a sanidade a administración pública do que as empresas privadas, 6,9. Só os cidadáns navarros (84%) defenden un chisco por riba dos galegos a xestión pública da sanidade, ambos e dous moi por riba dos cidadáns das restantes comunidade autónomas.
Porcentaxe que se ve afortalada ao acadar o 83,0% de persoas que utilizarían un servizo sanitario público, podendo escollar se algún membro do seu lar tiveran que utiliar un servizo sanitario. De feito, para os galegos e galegas a sanidade (32,6% ) é a segunda área que ten maior interese despois do traballo (35,1). Porén, o 49,8 de cidadáns galegos enquisados entenden que sistema sanitario funciona ben, ainda que se precisan algúns cambios. O 29,8% interpreta que o sistema sanitario necesita cambios fundamentais, ainda que algunhas cousas funcionan. A media de satisfacción dos galegos e galegas é 6,35 nunha escala de 1 a 10.