QUE A BANCA NON TE ROUBE ESIXE QUE CHE DEVOLVAN O TEO DIÑEIRO
Como xa saben, o Tribunal de Xustiza da Unión Europea acaba de declarar nulas de pleno dereito, as cláusulas chan que impedían que baixaran nosas cuotas hipotecarias por moito que baixasen os tipos de interés ( xeralmente o famoso EURIBOR ).Esta sentenza súmase á anterior do Tribunal Supremo, que declarou abusivas as cláusulas nas que os bancos nos cargaban con tódolos gastos de constitución da hipoteca. Temos, entón, novas vías legais que TODOS podemos requerir para recuperar os nosos cartos. As Plataformas de Afectados das Hipotecas facilítannos moito o traballo. Non ten máis que ir o seguinte enlace para recibir toda a información que precise, e atopará varios documentos.
http://afectadosporlahipoteca.com/2017/01/12/nuevo-documentos-utiles
1º.-Indícannos cómo saber atopar a cláusula chan na nosa escritura
2º.-Teñen un modelo para reclamar a anulación da cláusula chan e a devolución de todo o cobrado de máis , con os seus respectivos intereses.
3º.-Teñen un modelo para requerir a devolución dos gastos de constitución da hipoteca: notariais e de rexistro , Actos Xurídicos Documentados , custe da tasación da vivenda, etc . Mais os intereses de cada un destes gastos.
4º.-Resolven as dúbidas que podamos ter sobre a cláusula chan.
A pesar de ter dereito a acudir directamente a vía xudicial, os nosos avogados recomendan , primeiro , por a reclamación no servizo de atención ó cliente do banco , para evitar as posibles costas xudiciais .