Publicidade

Diário Liberdade
Segunda, 13 Março 2017 08:04 Última modificação em Segunda, 13 Março 2017 07:52

Precariedade, pensons e doençass laborais: as labregas procuram dignificar o seu futuro

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Laboral/Economia / Fonte: Praza Pública
Unha análise e reflexión sobre a precariedade e as moreas de atrancos que sofren
as mulleres labregas na súa vida profesional. Problemas á hora de coller baixas, a súa loita ante enfermidades graves ou a incerteza ante o futuro das pensións. Sobre todo isto e moito máis debateron no XII Encontro Anual da Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego (SLG), que se celebra esta fin de semana en Mondoñedo e outras localidades da Mariña. Baixo o lema Labregas por un trato digno na enfermidade e na vellez, a avogada laboralista Teresa Burgo, a activista polos dereitos das persoas enfermas de cancro, Beatriz Figueroa, e a presidenta do Movemento en Defensa das Pensións (Modepen), Victoria Portas, foron as protagonistas. 

A avogada Teresa Burgo advirte da "odisea burocrática" e das dificultades para que se recoñezan como de orixe laboral moitas doenzas 

A letrada laboralista Teresa Burgo centrouse nas posibilidades de cobertura das labregas en caso de accidente ou enfermidade laboral e deixou claras a "morea de eivas" que provocan que calquera reclamación vire nunha "odisea burocrática". Por iso, incidiu na necesidade de reclamar por escrito e a tempo. Así, lembrou que é "case imposible" que lles recoñezan ás labregas como de orixe laboral a maioría das enfermidades óseas ou musculares, ou o cancro, malia que a súa profesión pode ser causa directa destas doenzas. 

A crise e os recortes provocaron "unha maior presión das inspeccións médicas e altas forzadas", polo que as reclamacións por invalidez "rara vez prosperan, nin tan sequera pola vía xudicial". Así, lembrou que nos xulgados de Lugo tan só se conseguiron o 5% das invalideces reclamadas por vía xudicial. 

Como exemplo destes casos falou Beatriz Figueroa, avogada e xornalista enferma de cancro á que non se lle recoñeceu a incapacidade laboral e cunha "misérrima pensión". A súa loita, que cheou ao Congreso dos Deputados, exemplifica o problema de milleiros de persoas aos que unha enfermidade grave os incapacita para traballar pero que, no entanto, vense na obriga de iniciar unha dura batalla legal contra a Administración para que lles sexa recoñecida esa incapacidade.

"Mulleres con cancro con traballos como o de mariscadora ou labrega non conseguen que lles recoñezan a incapacidade para traballar"

"Mulleres con cancro que desempeñan traballos como o de mariscadora ou labrega, que precisan unha grande fortaleza física, non conseguen que lles recoñezan a incapacidade para traballar", lembrou Figueroa, que corroborou as palabras de Burgo ao asegurar que  o trato que reciben por parte dos médicos que redactan os informes "moitas veces é vexatorio". “A batalla contra o cancro líbrase contra a enfermidade e contra a administración. E a min, que son avogada, custoume", asegurou quen di buscar "xustiza social". 

Pola súa banda, Victoria Portas, presidenta de Modepen, advertiu dun "escenario preocupante" sobre as pensión. Segundo dixo, agora mesmo e de maneira progresiva, desenvólvense reformas que culminarán en 2027, ano no que, para ter dereito ao 100% da pensión de xubilación, "teremos que ter 67 anos cumpridos e ter cotizado durante 38 anos, 33 se ao que aspiras é a unha xubilación anticipada". "Supón a exclusión definitiva das mulleres labregas do sistema público de pensións, xa que, normalmente, comezan a cotizar moi tarde e con bases demasiado baixas", alertou.

Victoria Portas ve na reforma das pensións "a exclusión definitiva das labregas do sistema público" 

Ademais, denunciou como se prepara o terreo para unha "nova ofensiva no recorte das prestacións", tentando convencernos da necesidade de complementar as pensións investindo en plans privados. "Esta recomendación non casa cos ingresos anuais de 125.000 millóns de euros que recada a Seguridade Social a pesar de termos 4 millóns de parados que non cotizan e cada vez máis persoas xubiladas", dixo Portas, que ve nisto os intereses da banca e das aseguradoras, "que queren meter o dente neses 125.000 millóns anuais".

Para Portas, casos como a recente creba dun importante fondo de pensións privado nos EUA, deixando arruinadas miles de familias; ou a creba do sistema mixto de pensións en Chile deberían "animarnos a defender con forza e sen fendas o sistema público de pensións e a Seguridade Social, xa que as outras alternativas só son rendíbeis para a banca e as aseguradoras".

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar