Publicidade

Diário Liberdade
Domingo, 26 Março 2017 07:28 Última modificação em Terça, 28 Março 2017 21:36

Vagas insuficientes e irracionalidade nos concursos públicos anunciados pola Junta da Galiza

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Laboral/Economia / Fonte: STEG

Vimos de coñecer esta semana a decisión (á fin!) da Consellería de convocar oposicións para este ano. Vaia por diante que dende o STEG considera que é necesaria esta convocatoria para estabilizar a plantilla de persoal docente, pero tamén entende que se podería ter feito infinitamente mellor (xaora!), polos seguintes motivos:

En primeiro lugar, as prazas ofertadas son a todas luces insuficientes. Para manter un ensino público de calidade é imprescindible diminuír a taxa de interinidade, e iso só se consegue cunha taxa de reposición superior ao 100% das xubilacións. É insultante que mentres se recortan unidades no ensino público, cada curso se concerten novas unidades no ensino concertado e incluso en centros que segregan por sexo.

- Para o STEG resulta tamén vergoñento o seguidismo que amosa esta Administración respecto ao Goberno Central. Sempre atentos na garita ao que digan dende Madrid, pendentes de se daban permiso ou non para convocar, cando e mediante que procedemento. "Esiximos, como sempre fixemos, que a Consellería exerza as súas competencias en materia educativa, entre as que están a de decidir cantos postos docentes son precisos para o noso país. E non só iso: insistimos en que se xogou con esta cuestión de xeito irresponsábel, usando a convocatoria de oposicións como chantaxe política, establecendo unha relación de causa- efecto entre a mesma e a aprobación dos Presupostos (argumento que se abandonou de súpeto por arte de maxia)".

- Ademais, chama a atención do sindicato a distribución de prazas por especialidade, con casos coma Orientación, na que, segundo as vacantes que saen no CXT deste ano, quedarán prazas sen cubrir por persoal funcionario, co que nunha especialidade tan delicada e tan importante para o funcionamento dos centros e para a atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio, aumentará notabelmente a taxa de interinidade e, en consecuencia, a inestabilidade nos postos de traballo. A Consellería incumpre así os principios de inclusión, equidade e xustiza social que, entendemos, é un valor irrenunciábel, especialmente en relación ao alumnado máis desfavorecido.

- As prazas de promoción interna que se ofertan para o corpo de profesorado de Música e AAEE constitúen, na opinión do STEG, un fraude de lei, un intento de perverter o sentido da sentenza do TSX de Galiza que lle quitaba a razón á Consellería, e unha inxustiza que seguirán denunciando por todas as vías que nos sexa posíbel. É curioso que cando a Administración intenta argumentar esta reserva de prazas semella que usa os mesmos argumentos que sosteñen no STEG para reclamar dende hai anos un corpo único de docentes, pero NON ASÍ.

En resumo, dende o STEG esixen unha oferta de emprego público cun número de prazas que non resulte ridículo, cunha distribución de prazas por especialidade racional e axeitada ás necesidades, cunha antelación dabondo para dotar de seguridade ás persoas opositoras, e que non se utilice como subterfuxio para tapar as chafalladas e os reveses xudiciais que sofre a Consellería. Pero non: tarde, mal e a rastro.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar