Publicidade

Diário Liberdade
Terça, 11 Abril 2017 11:47 Última modificação em Quinta, 13 Abril 2017 00:16

Concentraçom e recurso contra a deportaçom do uruguaio Daniel Vera fora da Galiza

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Antifascismo e anti-racismo / Fonte: FGI

Informase da Vista no Xulgado Contencioso- Administrativo nº 2 de Santiago de Compostela (o vindeiro martes 18 de abril ás 09:40 h) do RECURSO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO DE DANIEL VERA MARTÍNEZ (XOVEN DE 19 ANOS, DE NACIONALIDADE PARAGUAIA CON MÁIS DE 14 DE RESIDENCIA CONTINUADA EN COMPOSTELA), CONTRA A SÚA TERRIBLE E INXUSTA EXPULSIÓN EXPRESS REALIZADA O PASADO 26 DE NOVEMBRO.

Este rapaz de 19 anos, vivía coa súa nai en Santiago de Compostela dende hai máis de 14 anos. Algúns deles baixo a tútela da propia Xunta de Galicia. Unha vez perdida a súa condición de menor tutelado non conseguíu (como tantas outras persoas) unha oferta de traballo para poder regularizar a súa situación. Tivo un procedemento de expulsión que a Policia converteu  en Resolución firme para  executar de forma inmediata: Foi detido o martes 22 de novembro de 2016  e expulsado o sábado 26 de novembro, pese a todos os intentos realizados por evitar esa terrible inxustiza.  Non tiña familia significativa para él  algunha alí. A súa familia, nai e irmán pequeno (naceu aquí en Compostela) residen aquí denda hai  eses mesmos 14 anos. 
Eles estarán tamén as portas do xulgado esperando una Resolución favorable a Danny. Este Recurso foi elaborado e presentando pola Asociación de Madrid do colectivo paraguaio, “PARAGUAY RESISTE
O Foro Galego de Inmigración (FGI) convoca concentración e Rolda de Prensa informativa: ese  martes 18 de abril ás 10:00 h diante do edificio dos xulgados en Santiago de Compostela (o novo edificio que está na Rúa Berlín). Na mesma denunciaremos tamén a persecución que sufren  en xeral  as persoas migrantes en situación de irregularidade administrativa no Estado e na Galiza, como sucedeu no caso de Danny.
"Pregamos a máxima participación da cidadanía neste acto para axudar a revertir a fonda inxustiza cometida."
Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar