A convocatória chama à solidariedade frente à expulsom do jovem galego de origem paraguaia Daniel Vera, separado da sua família após 14 anos de residência na capital galega, à qual chegou com 5 anos:
Pregamos a máxima participación en solidaridade con Danny Vera e a súa familia, así como con todas as persoas deportadas de forma sumaria en virtude da aplicación dunha política migratoria racista e violenta.
Son as nosas veciñas e veciños. Fronte aos seus muros e
concertinas, fronte as súas redadas, construamos unha
malla de solidariedade. STOP DEPORTACIÓNS!