Esa chamada cristalizou na pasada fin de semana, 20-22 de maio, no que podemos chamar o Encontro Libertario “A Aposta Directa”.
Organizacións e colectivos de distintas localidades e territorios, compartindo ideas sobre a sociedade na que nos gustaría vivir e en como queremos tender cara ela, déronse cita para coñecerense, achegarense e atoparense nun espazo común.
Ao longo da fin de semana compartiron diferentes experiencias e proxectos, ás veces descoñecidos pero a miúdo cercanos, entre preto dunha veintena de grupos de diferentes puntos do territorio.
Os eixes traballados, elexidos en función dos grupos que participaron, foron: Vivenda, Estratexias, Feminismos, Sindical/Laboral, Educación, Cultura/Difusión, Sanidade, Ecoloxía Social/Antidesenvolvemento.
Agardan compartir axiña resultados do traballo realizado con estes debates, pois cremos importante que esta información chegue a outros grupos que non puideron participar do encontro.
O sentir xeral do encontro foi o de continuar profundizando na colaboración facéndoa extensible a outros grupos interesados, sempre partindo do cuestionamento e a confrontación co poder estatal.
Moitos dos grupos coincidiron na necesidade de establecer un marco de relacións básico, que reforce a colaboración entre distintos proxectos con prácticas antiautoritarias, xerando dinámicas de apoio mutuo.
Acordaron abrir espazos de colaboración en:
Distribución de información e recursos
Elaboración e promoción de campañas
Extensión e conexión de loitas
Solidariedade e loita antirrepresiva
Agardan poder compartir axiña as accións e reflexións que poidan continuar este Encontro.