Publicidade

Diário Liberdade
Domingo, 29 Mai 2016 02:54 Última modificação em Domingo, 29 Mai 2016 09:50

Marcha Mundial das Mulheres da Europa debate em encontro na Galiza agenda política feminista Destaque

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Mulher e LGBT / Fonte: MMM da Galiza

Membras do Secretariado Europeo, o Comité Internacional , o Secretariado Internacional e a Coordenadora Galega da Marcha Mundial das mulleres apresentan os tres días de debate nos que o movemento avaliará a situación política en europa e preparará a axenda política dos próximos anos.

A Marcha Mundial das Mulleres reúnese desde día 27 e até 29 de maio en Vigo con mulleres galegas, curdas, turcas, gregas, vascas, belgas, suízas e portuguesas para analizar o contexto político europeo e como afecta ao movemento feminista e ás mulleres. Tareixa Pereiro Garcia, delegada e membro da coordinadora galega da Marcha Mundial das mulleres presentou os debates que Terán lugar no encontró en Vigo.

O venres 27 o debate centrouse na avaliación da situación política e da IV Acción Internacional que decorreu o ano 2015 entre o 8 de marzo e o 17 de outubro na europa centrando o discurso na denuncia das agresións ao corpo e aos territorios colocando enriba da mesa as alternativas do feminismo e os movementos políticos de resistecia.

Durante o sábado 28 os debates foron sobre a preparación da movilización nos próximos anos e a axenda do Encontro Internacional que terá lugar en áfrica en outubro, nun país a definir logo dos conflitos xurdidos en Mali e Moçambique, propostas iniciais.

Hoxe domingo será o día no que se escolla o novo secretariado europeo e a axenda a desenvolver en europa nos próximos meses e no debate sobre a construcción dunha axenda conxunta que traslade as loitas e reivindicacións das mulleres ao longo de toda a rexión para dar resposta á crecente criminaliación e represión das alternativas políticas ao actual sistema económico e político.

Denuncian a situación das mulleres curdas e turcas baixo o réxime de Erdogan.

Yildiz Temürtürkan integrante do Secretariado Europeo e do Comité Internacional denunciou ao goberno fascista e misóxino de Erdogan, un goberno criminal que iniciou una guerra contra a esquerda social e as mulleres e homes curdos empregando para isto na maioría dos casos accións criminais e terrorismo.

“Dende a Marcha Mundial denunciamos hoxe aquí que o goberno turco é un goberno criminal e que Erdogan é un criminal de guerra” sinalou Yildiz. O soporte do goberno do estado español a Erdogan non é a solución ante a crise de refuxiadas que se vive ás portas de europa porque él é tamén responsábel desta crise política, sinalou a compañeira de Turquía.

Yildiz explicou que 250.000 persoas foron desprazadas pola guerra no Curdistán, hai toque de queda e una forte represión que provoca a falta de recursos e alimentación e mesmo o aillamento informativo e internacional, todo isto promovido polo goberno criminal de Erdogan.

A compañeira do Secretariado Internacional lembrou que comezará a acción internacional no Curdistán o 8 de marzo de 2015, e denuncian a destrución provocada polo goberno turco en Nusaybin e Diyarbakir, cidades patrimonio da humanidade destruidas por Erdogan ante o silencio cómplice da UE, espazos nos que realizaron actividades e que hoxe non existen. Yildiz Termürtürkan lembrou tamén que tres das compañeiras curdas que organizaron a Caravana foron asesinadas o pasado inverno por saltar un toque de queda, engadindo que “elas son hoxe un motivo máis para a loita do noso movemento feminista”.

Outras 40 mulleres da guerrilla curda foron asesinadas e expostas públicamente núas nun acto atroz do exército turco. Hoxe as mulleres enfrontan en Turquía a escravitude de mulleres secuestradas e vendidas a homes árabes e a familias enteiras a procurar recursos para “comprar” ás mulleres e voltarlle a liberdade. Mileres de persoas son expulsadas pola situación de conflito e agresións provocando as crise migratorias.

A única solución ante estas agresións é a aposta pola paz e a fin dos conflitos na rexión e o establecemento de conversas que leven a estabilizar a zona e permitir e garantir a soberanía dos pobos. A denuncia e reivindicación do fin destes conflitos é un dos eixos de traballo da Marcha Mundial das Mulleres na Europa.

621b3ed39ae51105d102762f27dc9f23.jpeg

As compañeiras gregas fan un chamado a solidariedade internacional para afrontar a crise de refuxiadas.

Tika Voula, membra da coordinadora grega da Marcha Mundial das Mulleres, expresou a solidariedade das gregas coas refuxiadas en numerosas ocasións, nomeadamente coa situación das persoas en Idomeni.

Como Marcha Mundial das Mulleres traballamos na axenda política en Grecia reclamandos o fin da guerra, a apertura das fronteiras, o acollemento e un pase seguro para as refuxiadas asi como a denuncia dos ataques fascistas contra as refuxiadas. Tika Voila lembrou que “hai moitas mulleres novas viaxando soas, expostas a todo tipo de agresións, do mesmo xeito que as crianzas retidas en estancias policías ou abandonadas á súa sorte en territorio europeo. Precisamos organizar accións conxuntas para denunciar esta situación e presionar para una solución.”

“Nos últimos meses abrimos as casas das mulleres e construímos hospitais nas nosas casas para acoller as refuxiadas e para atender ás mulleres ás crianzas ás que europa non quere mentres o gobernó grego colabora coa expulsión das refuxiadas e as envía a una Turquía gobernada por un criminal de guerra. “ expresou Tika Voula. En Alemaña e Italia hai movementos de solidariedade dende o feminismo co que as compañeiras gregas veñen colaborando na denuncia desta situación. Con esta colaboración conseguen ir cada semana aos campos de refuxiadas mas a situación supera a capacidade de dar resposta ao que esta pasando.

Este Encontro Europeo en Vigo é tamén una oportunidade para discutir sobre as acción que as feministas desenvolverán como movemento político para dar resposta ao que esta pasando na europa e na áfrica, neste sentido. Hoxe sabemos e denunciamos que os campos de refuxiadas en Turquía están sendo empregados como campos de entrenamento para yihadistas e están pechados ao acceso externo. Turquía esta recibindo refuxiadas de Grecia pagada por Europa o que esta contribuíndo á creación de novos conflitos políticos na zona.

Denuncian a complicidade da UE neste proceso no que só interesa sacar ás refuxiadas do territorio sen importarse polo destino que corran as súas vidas. Respondermos xuntas ás agresións que sufrimos as mulleres

Eva Anadón Moreno, membra do Secretariado Internacional trouxo tamén a voz do movemento a nivel internacional, hoxe presente en 56 países. Denunciou que “estamos vivindo un movemento de forte criminalización da loita con persecución e agresións que aumentan e que se realizan a través dos estados con leis represivas, de ilegalización de colectivos e con violencia dos corpos militares”. Eva lembrou que comezamos o ano perdendo a Berta Cáceres, compañeira de Honduras que levaba máis de 20 anos defendendo as comunidades indixinas dos ataques capitalistas, Máxima Cuña fortemente represaliada e compañeira Peruana, Seve Demir compañeira curda asasinada xuntos a outras activistas e miles de mulleres agredidas e vítimas da persecución político.

“Fronte a esta criminalización facémonos máis forte. Estamos para crear redes máis fortes e para respostar colectivamente fronte a estas agresións. Encontrámonos para procurar estratexias de resposta que afortalen o noso movemento e para iso empregaremos estes tres días en Vigo e nos atoparemos no Encontro Internacional en Moçambique.” Rematou Eva.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar