Publicidade

Diário Liberdade
Domingo, 29 Mai 2016 09:56

As Marchas da Dignidade mobilizárom-se em Lugo frente ao neoliberalismo Destaque

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Reportagens / Fonte: Diário Liberdade

As 'Marchas da Dignidade' mobilizárom-se ontem (sábado 28 de maio) em Lugo, aderindo a convocatória espanhola que decorria em 30 cidades de diferentes países submetidos ao regime de Madrid.

Na manifestaçom criticou-se que os governos burgueses "nom defendem a quen teriam que defender", nom em referência ao capital mas "ao povo" que, segundo as Marchas, "é quem mais ordena". Classificando-os como "máfia", denunciou-se o descumprimento dos Direitos Humanos na gestom da chegada de pessoas fugindo da guerra no norte da África e no Oriente Médio. Também frente à LOMQE, o machismo, os golpes brancos como o do Brasil, a repressom e outras reivindicaçons a "Muralha da Dignidade" descarregou toda a responsabilidade sobre as políticas neoliberais, frente às quais propujo medidas reformistas e corretoras.

Houvo solidariedade com pessoas reprimidas polas forças do regime burguês espanhol na Andaluzia e em Espanha, mas nom qualquer referência às presas e presos galegos.

As e os manifestantes dêrom volta à muralha luguesa antes de dar leitura ao manifesto, sob a legenda, que se mantém desde fai vários anos, "Pam, trabalho e teito", condiçons que mesmo os e as escravas possuiam na maior parte dos sistemas produtivos que usárom essa forma de trabalho mas que hoje, sob o capitalismo, nem estám garantidos:

Unha vez máis, as Marchas da Dignidade estamos hoxe aquí, na rúa, reivindicando os nosos dereitos fronte a unha mafia financeira psicópata que non sente a dor allea, a dor dun pobo que está a padecer as súas políticas criminais coa complicidade de gobernos sicarios que non defenden a quen terían que defender; a nós, ao pobo, que é quen máis ordena. Loitamos contra esa mafia representada pola Troika, unha mafia que ninguén elixiu, pero que dita as normas que rexen as nosas vidas. Unha mafia que minte, extorsiona, engana e provoca mortes, como as que están a producirse no Mediterráneo. Non son mortes, son asasinatos.

Estamos a ver como os gobernos europeos, incluído o español, están a deportar, gasear e deportar a persoas refuxiadas que foxen das guerras provocadas polo imperialismo e o capitalismo, por eses mesmos gobernos que agora lles negan a entrada En Europa, incumprindo a Convención de Xenebra e a Declaración Universal de Dereitos Humanos. Están a comportarse dun xeito criminal, descoñecido en Europa desde a Alemaña nazi, e non podemos calar fronte a este crime contra a humanidade. Calar, faríanos cómplices da barbarie, e a loita das persoas refuxiadas tamén ten que ser a nosa loita.

Esta Unión Europea é unha unión de criminais e a historia xulgaraos como o que son. Non é a nosa Europa, é unha Europa sometida ás ordes das grandes multinacionais, ás ordes do poder económico. É ese poder quen quere impoñer un acordo de libre comercio entre Europa, EEUU e Canadá, o TTIP / CETA, negociando en segredo e con medidas que supoñen o maior atentado aos dereitos sociais dos últimos tempos. Un acordo que non someterán a referendo, nin se vai debater no Parlamento Europeo, unha baixada de pantalóns fronte á mesma mafia que está a provocar esta crise. O inimigo é o mesmo, sempre é o mesmo, aínda que tome diferentes formas.

Un inimigo poderoso que utiliza unha crise provocada para recortar os nosos dereitos, impoñendo medidas neoliberais que levan anos aplicando en numerosas partes do mundo. Privatizacións, recortes, rescates bancarios e reformas laborais son as mesmas receitas que aplican alí onde teñen oportunidade de facelo, e se non poden, acaban provocando golpes de estado encubertos como o de Honduras, Paraguai e, agora, Brasil. Por iso temos que loitar con unidade e pensando nese inimigo poderoso, porque se non somos quen de unirnos, imos perder esta loita. Temos que entender iso e traballar pola unidade das loitas, porque todas as loitas contra ese inimigo común, son a mesma loita. Se nos separamos, perdemos. E non podemos permitirnos perder esta loita.

O estado español o sabe, e por iso utiliza a represión, que cada vez é máis forte. Milleiros de persoas padeceron esta represión desde a aprobación da Lei Mordaza, persoas reprimidas duramente por exercer o seu dereito a manifestarse, a expresarse ou, simplemente, a existir. Unha represión que están a padecer agora mesmo no SAT, que levan varios días en folga de fame pedindo a liberdade de Andrés Bódalo, condenado á cadea nunha farsa á que chaman xuízo. Ou o caso dos dous titiriteiros, procesados pola representación dunha sátira, ou as compañeiras da CGT da Cofradía do Coño Insumiso, tamén procesadas, ou Alfon, Pablo Hásel ou César Strawberry, por poñer só uns exemplos coñecidos. Desde aquí, esiximos a absolución para todas as persoas represaliadas inxustamente polo estado, queremos xustiza, non queremos esta falsa democracia.

Usan a represión para asustarnos, porque non queren que paremos o que están a facer. Están a privatizalo todo, a regalar o que é noso a empresas privadas. Privatizan a sanidade pública, constrúen hospitais que quintuplican o seu custe coa xestión privada, como o Álvaro Cunqueiro. Déixannos sen medicinas ou vacinas, o cal provoca mortes, como ben saben as vítimas da Hepatite C. Non son mortes, son asasinatos. Privatizaron tamén os servizos de emerxencias, provocando descoordinación e situacións de perigo inadmisibles, como poidemos comprobar, recentemente, no incendio de Fandicosta, ou o que acontece todos os anos cos lumes forestais. O beneficio económico por riba das nosas vidas.

Por enriba, tamén, da vida das mulleres asasinadas pola violencia machista. Un feminicidio inaceptable e inasumible que temos que parar. Unha sociedade que permite estes asasinatos é unha sociedad enferma. Unha sociedade que non acabe co patriarcado e a discriminación das mulleres é unha sociedade enferma, e temos que cambiala. A loita das mulleres é tamén a nosa loita, e ten que gañar. Sen elas non hai revolución nin liberdade. Se tocan a unha, tócannos a todas. 

Queren destruílo todo. Acaban coa educación pública, impoñen a LOMCE que non quere ninguén, precarizan ao estudantado, queren a universidade para unha elite e non lles importa o vergonzante paro xuvenil de máis do 50%. Non fan nada serio pola mocidade, non teñen o máis mínimo interese. A loita da mocidade tamén é a nosa, porque son o futuro do país. Un futuro negro como a contaminación que provocan as políticas medio ambientais baseadas na destrución e o consumo masivo. O cambio climático é unha realidade, e non están a facer nada para frealo. Esnaquizan a nosa terra construíndo autopistas coma a da Riveira Sacra, ou concedendo 75 anos máis a ENCE na Ría de Pontevedra, e non fan nada para defender os nosos recursos pesqueiros, gandeiros e labregos. 

Pero non imos parar de loitar, non nos van deter mentres teñamos forzas. As Marchas da Dignidade seguiremos a traballar pola unidade das loitas, para ser máis fortes e poder facer fronte a toda esa mafia criminal que nos está a asoballar. Ven con nós, loita con nós. Canto máis fortes sexamos, máis débil será o inimigo. Temos que entendelo e deixar de lado as nosas diferenzas, que non son tantas.

Para iso están as Marchas, para xuntar todas as loitas e poder esixir:

  • Non ao pago da débeda ilexítima
  • Auditoría do déficit tarifario das eléctricas
  • Non ao TTIP
  • Economía ao servizo do pobo
  • Non á corrupción
  • Retirada da reforma laboral
  • Retirada da LOMCE
  • Defensa dos servizos 100% públicos e de calidade
  • Dereito á vivenda
  • Respecto ao medio ambiente
  • Medidas contra o cambio climático
  • Xustiza para as vítimas de ANGROIS
  • Defensa dos dereitos da mulleres
  • Dereitos para as persoas migrantes. Ningún ser humano é ilegal
  • Non á represión! Retirada da “Lei Mordaza”

PAN, TRABALLO E TEITO.
A LOITA CONTINÚA

20160528 140833

20160528 140741

20160528 140942

20160528 141657

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar