Publicidade

Diário Liberdade
Quarta, 26 Abril 2017 21:25

Siareir@s do Lugo denunciam censura à torcida galega em Valhecas (Madrid)

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Repressom e direitos humanos / Fonte: Ceivar

De novo repite-se a mesma história num campo de fútebol, desta volta em Vallecas, onde às e aos Siareiros do Lugo lhe forom retiradas antes de entrar no estadio as bandeiras da patria e umha faixa em solidariedade coas pessoas encausadas na operaçom Jaro.

A continuaçom publicamos o comunicado de várias penhas do Lugo no que se denuncia o acontecido:

O pasado sábado no Estadio de Vallecas tivo lugar un episodio de censura, represión e un ataque contra os nosos dereitos fundamentais; que até o de agora moit@s de nós
nunca chegáramos a vivir, en semellante grao, nun campo de fútbol que visitamos.

Na porta 19, pola que estábamos destinad@s a entrar a afección visitante; fomos sometid@s a rigorosos, estrictos e abusivos rexistros e controis por parte da seguranza
privada do Rayo Vallecano e da Policía Nacional. Tódol@s seareir@s do Club Deportivo Lugo tamén debemos ensinar as nosas bufandas, bandeiras ou calqueira
material de animación que portásemos.

Alí a seguranza privada e a Policía Nacional, tiñan orde de requisar, aínda que tamén poderíamos dicir roubar, absolutamente tódalas “estreleiras” que levásemos @s
seareir@s. O único que alegaron ao respecto foi que eran “bandeiras independentistas” e eran “ilegais”, polo tanto non podían pasar. Non só se centraron nas “estreleiras”, pois
tampouco deixaron entrar unha bandeira galega cunha vaca, sen razón algunha.

A seguranza privada e a Policía Nacional seguían a consigna de requisar todo o material “político”, polo que tamén foron confiscadas unha faixa coa lenda “Antifascist
Solidarity” e outra faixa solidaria coa inscripción “STOP OPERACIÓN JARO, polo arquivo da causa contra 9 independentistas”, coma unha bandeira da plataforma Que
Voltem para a Casa!

Alén disto, tampouco puideron entrar no campo, por orde da seguranza privada pois estas si as permitía a Policía Nacional, as faixas das peñas “Sección Lololo” e “Brigadas
Lucenses”; así coma aprehenderon tódalas bufandas e bandeiras de “Brigadas Lucenses” e unha bufanda de “Bukaneros”. Por estes feitos, os membros da seguranza
privada do Rayo non deron ningún tipo de explicación.

Xa dentro do Estadio de Vallecas, na grada visitante, a seguranza privada non deixou amosar unha bandeira de “Brigadas Lucenses”, que previamente pasara o control, coma
unha bandeira das “nacións celtas” e un suadoiro coa inscripción “Brigadas Lucenses-Sección Xuvenil”, todo baixo ameazas de multa. Na grada local, fronte a nosa, a
integrantes da peña Siareir@s Minho, achegouselles un membro da seguranza do club que, cun trato correcto, recomendoulles gardar unha “estreleira” máis unha bandeira
galega co escudo da serea de Castelao que tiñan penduradas, pois se non a Policía Nacional acudiría a retiralas.

Cando estaba a uns intres de cumplirse o minuto 90, uns membros da seguranza privada acompañados pola Policía Nacional expulsaron da nosa grada a dous seareiros por portar unhas “estreleiras”, que previamente pasaran o control polas portas da afección local. No momento no que se lles achacou este feito, comentouse que tamén había
bandeiras republicanas no campo, algunhas con estrelas vermellas, contestaron de malas formas e en actitude hostil que esas podían pasar pero que as nosas galegas non; porque eran “independentistas” e estaban prohibidas. Nese instante parte da afección do Club Deportivo Lugo decidimos abandonar o Estadio fart@s xa de tantos atropelos. Cando marchábamos do Estadio, puidemos recuperar as faixas das peñas que estaban recollidas nunha esquina e algunhas “estreleiras” de maneira desapercibida.
Ao finalizar o partido un galego emigrado en Vallecas e socio “rayista”, puxo unha reclamación formal ao Rayo Vallecano por unha parte dos feitos que denunciamos,
acción que queremos agradecer desde estas liñas.

Nos próximos días iremos anunciando as accións que tomaremos en resposta á censura e a represión á que fomos sometid@s.

STOP CENSURA E CRIMINALIZACIÓN!
SOMOS SEAREIR@S, NON DELICUENTES!
As seguintes peñas asinamos este comunicado para facer público e denunciar os feitos
acaecidos o pásado sábado.
SECCIÓN LOLOLO-BRIGADAS LUCENSES-HINCHADA ROSSA-SIAREIR@S
MINHO-MURALLA NORTE

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar