Publicidade

Diário Liberdade
Segunda, 30 Mai 2016 16:18 Última modificação em Quarta, 01 Junho 2016 09:31

Ex-Diretor Geral de Conservaçom da Natureza da Junta da Galiza é investigado por delitos contra o meio ambiente

Avalie este item
(1 Voto)
País: Galiza / Institucional, Consumo e meio natural / Fonte: Adega

4 altos cargos de Medio Ambiente na etapa de Agustín Hernández, acusados pola Fiscalía.

Ricardo García-Borregón Millán, ex-Director Xeral da Natureza con Agustín Hernández, declarará como "investigado" o vindeiro luns 6 de xuño a petición da Fiscalía ambiental do TSXG, xunto con outros tres ex-altos cargos de Medio Ambiente, polo dragado da ría de Ferrol denunciado en 2011 por ADEGA. A obra tiña como obxectivo aumentar o calado da entrada da ría para permitir o paso a grandes buques como os gaseiros de Reganosa.

No Xulgado de Instrución nº 3 de Santiago de Compostela están a desenvolverse as dilixencias previas relativas a un presunto delicto contra os recursos naturais e o medio ambiente, relacionado co dragado irregular dos fondos da Ría de Ferrol dentro da ZEC Costa Artabra (Rede Natura 2000), executado entre outubro e novembro do 2011, e no seu día denunciado por ADEGA perante a Fiscalía Ambiental.

Como “investigados” (antes imputados) por estes feitos atópanse as persoas que naquela época ocupaban os postos de máxima responsabilidade na xestión dos espazos naturais de Galiza: Ricardo García-Borregón Millán (Director Xeral de Conservación da Natureza), Rogelio Fernández Díaz (Subdirector Xeral de Espazos Naturais e Biodiversidade), Javier Turrillo Montiel (Xefe do Servizo de Análise e Proxectos) e Carlos Múñoz (Xefe do Servizo de Conservación da Natureza na Delegación Provincial da Coruña).

Todos eles están acusados pola Fiscalía de delictos contra os recursos naturais e o medio ambiente, prevaricación e falsidade documental. Entre todos presuntamente "cociñaron", logo de iniciadas as obras do dragado da ría de Ferrol, unha autorización ambiental fraudulenta baseada nun suposto informe técnico que non figuraba no expediente. Logo de rematadas as obras, e tras as xestións do Valedor e a Fiscalía a denuncia de ADEGA, apareceu o informe que, curiosamente, recomendaba a non execución do proxecto polos seus impactos ambientais.

O xusto colofón a unha desastrosa xestión dos espazos naturais galegos

"Confiando no labor da xustiza e da Fiscalía", di Adega, "este caso representa a paradoxal culminación da desastrosa xestión da biodiversidade e dos espazos naturais acontecida nos últimos anos. A escandalosa inacción, cando non a defensa de intereses alleos á conservación, exemplifícase na desastrosa xestión dos Parques Naturais; humidais protexidos, especies de flora e fauna ameazada... Na paralización inxustificada da ampliación da Rede Natura 2000, a máis cativa do estado; na negativa á declaración de parques naturais nos Ancares, Courel, Monte Pindo... Mais tamén na tolerancia ou promoción de actuacións incompatíbeis coa protección do noso patrimonio natural: piscifactorías, minas, eólicos, celulosas, eucaliptización de espazos naturais, licenzas ilegais de caza, cacerías de lobos, etc".

Resulta irónico pois, que sexa a tramitación irregular dunha obra para beneficiar a Reganosa (como acaba de acontecer co governo en funcións de Rajoy) a que trala denuncia de ADEGA subministre as probas que leven aos responsábeis ou cómplices de tantas outras desfeitas ambientais perante a Xustiza.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar