Publicidade

Diário Liberdade
Domingo, 30 Abril 2017 09:40

Resoluçom contrária ao jovem galego de origem paraguaia Daniel Vera, vítima de deportaçom express

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Antifascismo e anti-racismo / Fonte: FGI
Perante a resoluçom contrária a Daniel Vera Martínez, jovem de 19 anos de nacionalidade paraguaia (com mais de 14 de residência continuada em Compostela), do recurso contencioso-administrativo contra a sua terrível e injusta expulsom express realizada passado dia 26 de novembro.
O Foro Galego de Inmigración manifesta a súa incomprensión ante a mesma xa que se limita a incidir nos argumentos da Administración sin resolver de forma axeitada o tema fundamental do Recurso: a posibilidade inicial de establecer unha sanción económica en vez do incoamento do procedemento de expulsión, en base ao arraigo que este rapaz tiña na nosa cidade. Alegar que o feito de non ter un domicilio fixo é un motivo para xustificar o non arraigamento do rapaz (empadroado en Compostela dende os 5 anos) supón considerar que as persoas en situación de pobreza e exclusión social sin domicilio fixo son susceptibles de menos dereitos que o resto de cidad@s (esa situación explica tamén que lle resultara imposible na práctica presentar unha solicitude de arraigo, que esixe un contrato laboral dun ano de duración e a xornada completa). O mesmo sucede na consideración que os “entornos delincuenciais” xustifican unha actuación tan tremenda como a que se fixo contra este rapaz,  que recordamos a continuación:
“Danny de 19 anos, vivía coa súa nai en Santiago de Compostela dende hai máis de 14 anos. Algúns deles baixo a garda da propia Xunta de Galicia. Unha vez perdida a súa condición de menor gardado non conseguíu (como tantas outras persoas) unha oferta de traballo para poder regularizar a súa situación. Tivo un procedemento de expulsión que a Policia converteu  en Resolución firme para  executar de forma inmediata: Foi detido o martes 22 de novembro de 2016  e expulsado o sábado 26 de novembro, pese a todos os intentos realizados por evitar esa terrible inxustiza.  Non tiña familia significativa para él  algunha alí. A súa familia, nai e irmán pequeno (naceu aquí en Compostela) residen aquí denda hai  eses mesmos 14 anos. “
O FGI anuncia que a Asociación  PARAGUAY RESISTE  acaba de comunicar a súa  dsposición e intención de presentar o Recurso de Apelación diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. 
Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar