O maior dos problemas que nos encontramos e o numero de efectivos, 3 traballadores de dotación por quenda. Ese dia saíron para o incendio un cabo con dous bombeiros en tres camións. Estes tres traballadores teñen que atender unha poboación de mais de 100.000 habitantes e tempos de resposta de mais de unha hora (Bueu-Pontecaldelas). As ventaxas mais importantes de que o mínimo por dotación sexa de 4 traballadores son.
–A seguridade dos bombeiros. O traballar en parellas, se ocorre un incidente nunha intervención, sempre hai un equipo de dous para socorrelos. Tamén permite un relevo nas intervencións, básico para recuperación, evitar golpes de calor, sobre esforzos, etc
- O xefe de quenda, ten que ten que realizar unha serie de funcións, como son. Toma de datos, vision perimetral, falar cos propietarios, técnicos, posibles riscos, mobilizar e coordinar medios,en conclusión, organizar a intervención. Todo isto vese reducido o mínimo cando se traballa con 3, debido a que o dito xefe de quenda no queda fora, se non que ten facer a primeira entrada, metido nun incendio e imposible organizar a intervención.
Outro dos puntos a mellorar e a inexistencia de protocolos para este tipo de sinistros, no incendio de Fandicosta, o xefe de quenda, camiño do incendio e o ter información suficiente da magnitude do sinistro, pediulle a xefatura vía telefónica o máximo numero de reforzos, tanto do consorcio como dos parques municipais de Pontevedra e Vigo.
A xefatura o carecer de protocolo, tirou de improvisación, e a improvisación levou o desastre, se tardou unha eternidade en pedir reforzos. Os primeiros minutos son cruciais para atallar un incendio. Durante a primeira hora solo traballaron tres bombeiros.
Matinsa, a empresa concesionaria e a encargada de realizar os protocolos, esta se negou a realizalos, pese a insistencia dos traballadores, se acaso empeorou o procedemento, xa que prohibiu pedir reforzos antes de facer unha valoración a pe de sinistro, cousa que retardaría moito a chegada de ditos reforzos.
Os parques municipais de Vigo e Pontevedra non teñen competencias fora do seu concello, non tendrian por que traballar en Moaña a no ser que se declare o Nivel 1 de emerxencias, tal como esta a lexislación vixente, polo tanto, a solución seria un convenio de colaboración entre organismos para actuar dunha forma mais eficaz, cousa que a dia de hoxe nin se valorou.
Os traballadores si que fixeron estudio sobre sobre o acontecido en Fandicosta, e elaboraron un protocolo onde se melloraría moitísimo o tempo de resposta,seriamos capaces de xuntar mais de 20 bombeiros en apenas 22 minutos. Movilizando os parques po Morrazo, Porriño, Vigo e Pontevedra. Pola contra o dia do incendio se conseguiron os 20 bombeiros pasada as duas horas do comezo do incendio. Non entendemos que non se nos faga caso e que a dia de hoxe seguen se haber protocolos.
Tampouco estaría de mais, dado o caótico da xestión do incendio, facer un estudio e incluso un simulacro, co obxetivo de mellorar e corrixir erros. E triste, pero se se repetise un incendio das mesmas características no Morrazo, pasaría exactamente igual que hai un ano, polo abandono total das administracións.
Para rematar, recordar que moitos políticos, presidentes da xunta, deputacion,etc. que fai un ano si que deron a cara, a pe de fabrica, un ano despois a cara lle tiña que caer de vergoña.