Corrente Vermella condena as cargas policiais contra as manifestacións da semana passada em Compostela, e nomeadamente a do sábado 10, esixe a retirada de todos os cargos contra os / as detidas e o sobreseimento das causas que podan dan lugar.
Numha situación como a actual, cando tras os recortes e medidas antisociais dos diversos governos acordados coa Unión Europea, tanto polo PP como polo PSOE, as desigualdades sociais teñen aumentado dun xeito escandaloso; o que supon que milleiros de edifícios e vivendas están baleiras e pechadas, á espera da volta da especulación para poder poñelos á venda e sacar benefícios.
Frente a elo, tense producido mobilizacións dos mais diversos sectores sociais, no só contra a especulación e os desafiuzamentos; mas tamen as reformas laborais, as privatizacions, ..., pois todas elas redundan nun empobrecimento da classe traballadora e o pobo, nos seus sectores mais debiles, a xuventude e as mulleres.
A represión desatada nos pasados días fai parte dun estreitamento das liberdades democráticas en xeral, como a Lei Mordaza frente a liberdade de expresion, ou a reforma do Codigo Penal, contra os direitos dos traballadores e traballadoras para organizar piquetes nas folgas. Os governos, ante a agudización da crise, recorren cada vez mais á represión para evitar que a mobilización social acade os seus obxectivos: recuperar os direitos roubados e conquistar novos.
Corrente Vermella non partilla os métodos que sustitúen a autoorganización da clase traballadora e o pobo na loita, por decisións de pequenas vangardas afastadas do conxunto da poboación traballadora. Son os e as traballadoras, as e os estudantes, a veciñanza dos bairros obreiros e populares os que, desde as asembleas populares, teñen que decidir qué é o que se ocupa (edifício/vivendas, fábrica ou centro de estudo), cando e como. Tal e como se fixo o no 15M, cando o dia de reflexión deses dias, as asembleas populares, com centos de miles de participantes, acordaron “non nós vamos”, contra a decisión de Xunta Electoral Central, e com elo, nesse caso, tomaron-se as ruas e prazas de cidades e vilas.
A tarefa é nos preparar e organizar desde os centros de traballo, desde as facultades e institutos, desde os bairros, xunto coa poboación traballadora, para defender o nosso direito a umha vida e um traballo digno, e derrogar todas as medidas legais, xudiciais e administrativas que reprimen a atividade da poboación traballadora.
As forzas chamadas do “cambio” nos concellos, como Compostela Aberta, non poden ter, como está a acontecer, umha actitude ambigua respecto á represión; caerían na trampa da direita se admitiran a represión dos movimientos sociais, pois aparecerían diante deles como “un máis”, dilapidando o seu apoio. Mas tamen, teñen que tomar medidas claras a prol das necesidades sociais; é umha obriga se realmente son forzas do cambio a recuperación de espazos para poñelos ao servizo e baixo control da poboación traballadora, da veciñanza e a xuventude.
A direita cando ten, ou recobra o poder, non ten ningum problema para desmontar as conquistas sociais: non lle trema a man para desfacer todo o acadado; mas os gobernos do “cambio” teñen medo, medo ás campañas difamadoras e insultantes da direita. E isto só se combate con medidas valentes, apoiandose na autoorganización da poboacion traballadora, promovendo as asembleas populares, onde se decidan os obxectivos.