A procuradoria nom só nom quer perseguir um alegado delito sexual, mas quer perseguir a denunciante por coagir os Baltar.
Reproduzimos a seguir o comunicado da entidade feminista ourensana:
A ASOCIACIÓN FEMINISTA FALANDO NÓS EN RELACIÓN Á NOTICIA SOBRE O RECURSO INTERPOSTO POLA FISCALÍA PARA QUE AS ACTUACIÓNS INICIADAS CONTRA JOSÉ MANUEL BALTAR CONTINÚEN DIRIXIDAS CONTRA A DENUNCIANTE POR SUPOSTAS COACCIÓNS A JOSÉ MANUEL E JOSÉ LUIS BALTAR
A Asociación Feminista Falando Nós, expresa a súa máxima repulsa contra o feito do recurso presentado pola Fiscalía contra o Arquivo da Xuíza de Instrución nº 3 de Ourense solicitando a continuación das actuacións pero no sentido de que se dirixan contra a propia denunciante que, moi valentamente decidíuse a denunciar a representantes do poder político da nosa provincia, por uns feitos que ben recordan ós tempos medievais no que os homes eran donos dos corpos das mulleres. O poder revólvese ante a conducta reivindicativa das mulleres que cuestiona o sistema establecido, no cal só temos un sitio que ocupar, o da obediencia e o silencio.
Asistimos á denuncia duns feitos de todo punto eticamente reprochables, por quen ostentan o poder dunha cidade e que teñen a responsabilidade de velar polos intereses da súa cidadanía, non xogar a ser señores feudales, e que terminan na sanción á muller que se atreve a denunciar estas actuacións. “É inaceptable que o sistema Xudicial, de aceptar esta proposta da Fiscalía, acolla actuacións deste tipo que o único que farán é confirmarnos que persoas de alto nivel de poder son intocables, e non só eso, se non que haberá castigo para quen así o desodeza, máis se son mulleres” manifesta Victoria Diéguez, voceira da asociación feminista Falando Nós.