Publicidade

Diário Liberdade
Sexta, 03 Junho 2016 16:07

Bombeiras e bombeiros de Ponte Vedra também denunciam "caos absoluto" no incêndio de Fandicosta

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Consumo e meio natural / Fonte: PBPG

O incendio de Fandicosta do pasado 9 de Maio segue dando que falar. Se xa escoitamos no seu día aos Bombeiros de Vigo, polo caos da xestión do 112 no incidente, agora súmanselle os Bombeiros de Pontevedra, os cales aseguran que o actual sistema de emerxencias galego fallou, falla e seguirá fallando de non tomarse as medidas oportunas.

No seu día, todas as miradas centráronse no por qué non se mobilizou aos Bombeiros de Vigo, posto que eran os máis próximos e con máis medios humanos e materiais para este tipo de incendios industriais. Tamén xenera controversia por qué non se decretou o nivel 1 do Plan Platerga nesa primeira hora, cando era máis que evidente que tiña que ser activado.

Pois ben, cos Bombeiros de Pontevedra non deixa de ser diferente a situación.

Nos derradeiros minutos das 17 horas da tarde daquel 9 de Maio foi cando se deu a voz de alarma de que comezaba o terrible incendio nas naves de Domaio. Con todo, o Parque de Bombeiros de Pontevedra , que se atopa a escasos 14 minutos de alí, NUNCA recibíu ningunha chamada por parte do 112, nin para informar nin para requirir medios, coma se non existise, a pesar de ser o segundo parque máis próximo e con máis medios humanos e materiais despois de Vigo

Pasadas as 19 horas, foi cando chegaron noticias do gran incendio á Concelleira de Seguridade de Pontevedra, e ésta púxose en contacto rapidamente co Oficial Xefe do parque pontevedrés para saber se xa estabamos informados do suceso e se nos mobilizara o 112. A sorpresa que levaron tanto o Oficial como a Concelleira ao saber que o Parque de Bombeiros de Pontevedra non fora requerido foi maiúscula

Foi entón cando a Concelleira a través do Oficial Xefe, ordenou ao Parque de Bombeiros, poñerse en contacto co 112. Dende Bombeiros Pontevedra, informouse ao 112 de que tiñamos coñecemento do operativo, ofrecéndolles toda a axuda que precisasen, tanto en medios materiais coma persoais.

As 19:15 horas foi cando Bombeiros Pontevedra chama ao 112 para ofrecer colaboración no operativo. A resposta de 112 foi “NON SON NECESARIOS”, dado que xa tiñan medios mobilizados do Morrazo, de Porriño e do Salnés, ademáis de que tamén estaban alí “POR CONTA PROPIA”, os Bombeiros de Vigo a “petición da propia empresa Fandicosta”. Dende Bombeiros Pontevedra vóltase remarcar que se fosen necesarios precisariamos duns 15 minutos de marxe para reforzar e cubrir o servizo para a cidade e que estabamos dispostos para saír. Unha vez máis o 112 lembrou que de momento “NON ERAN NECESARIOS” e que tiñan en conta o noso ofrecemento

Mentras tanto seguese sen decretar o nivel 1 do Plan Platerga aínda a sabendas de que estaban en Fandicosta actuando os Bombeiros de Vigo sen a cobertura legal que se establece no devandito Plan.

Ás 19.40 horas aproximadamente recibimos a primeira chamada do 112 ao parque de Bombeiros de Pontevedra, pero só para solicitar auga. Pregúntase se eran necesarios máis medios e contestaron que “SÓ era necesaria auga”, para abastecer as bombas que xa estaban alí traballando. Tras falar co Oficial Xefe, ordénase a saída dunha bomba nodriza pesada con case 10.000 litros de auga, pero o 112 seguía OBVIANDO a reiteración de mandar máis medios, e o que é peor, que logo de enviar por primeira vez medios externos requiridos polo 112, continuábase sen activar o nivel 1 do Plan Platerga.

Non foi ata as 21.35 horas aproximadamente, cando se recibe a primeira chamada do 112 ao Parque de Pontevedra pedindo axuda para o incendio. Curiosamente o nivel 1 decretouse ás 20:45 horas, pero non foi ata case unha hora despois cando solicitaron a axuda. Solicitaban todos os medios dispoñibles, cando xa non había moito que salvar, incriblemente incomprensible.

Foi entón, cando o Cabo do servizo lle preguntou ao 112, que tipo de medios en concreto precisaban. O 112 contestou, logo de consultalo co Xefe de Sala, “TODOS OS MEDIOS DISPOÑIBLES”.

Logo de falar co Oficial Xefe, ordenouse a saída dunha dotación completa, deixando Pontevedra totalmente cuberta coa quenda de garda entrante, que xa estaba preparada no parque para dar o relevo.

Pero curiosamente, xusto cando se dispoñía a saír a dotación cara o incendio de Fandicosta, sobre as 21:45 horas, chama outra vez o 112 , informando dun camión ardendo na N-550 dirección Pontevedra-Vigo que aseguraban que era no termo municipal de Pontevedra. Con tal motivo, a saída a Fandicosta tivo que ser aprazada, e saíuse a este incidente. Percorreuse toda a N-550 ata chegar a Arcade, no Concello de Soutomaior, sen atopar ningún tipo de incidente, e causando un grave trastorno ao xa de por si saturado tráfico que soportaba a nacional a esas horas, debido aos cortes de tráfico na AP (causadas polo fume de Fandicosta en Rande). Cando a dotación chega a Arcade, vóltase chamar ao 112 para que facilite exactamente onde ardía ese suposto camión, pero non se obtivo unha resposta concreta. Con tal motivo o Cabo do Servizo decide regresar ao parque. Xa de regreso no Parque, constátase que parecía ser unha falsa alarma. Moi sospeitosa, posto que un incendio dun camión en plena nacional saturada de tráfico, é complicado que sexa una falsa alarma.

Con todo este balbordo, atrasouse a saída cara a Fandicosta ata as 22:20 hora, é entón cando a dotación sae para Domaio.

Chégase a Fandicosta ás 22:34 horas. A situación é dantesca e inexplicable. Non tiña razón de ser mobilizar os medios, cando as naves estaban arrasadas. O Cabo do servizo tenta porse ás ordes de quen estivese ao mando, pero resulta que alí nin Bombeiros de Xestión Indirecta, nin Bombeiros Vigo saben quen asume o mando do operativo.

UN CAOS ABSOLUTO

Logo de falar cun mando de Bombeiros de Vigo, e logo dunha hora sen poder facer nada, comézase a traballar con eles no sur das naves. É entón cando se ordena o regreso ao parque, ao redor das 01:00 horas do 10 de Maio

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar