Publicidade

Diário Liberdade
Sábado, 02 Setembro 2017 16:31 Última modificação em Terça, 05 Setembro 2017 14:37

O resultado das privatizaçons: o Morraço, sem caminhom anti-incêndios

Avalie este item
(1 Voto)
País: Galiza / Laboral/Economia, Consumo e meio natural / Fonte: APR

Denuncian que o mantemento dos camións contraincendios no se realiza en talleres equipados para aforrar en costes e que para solventar un cambio de pastillas de freos entrega un camión sen cinto de seguridade.

Durante o derradeiro fin de semana de agosto , operación retorno incluida, os Bombeiros do Morrazo non poden atender o servizo de emerxencias co seu camión de primeira intervención. O vehículo con material valorado en máis de 300.000€ deuxe de baixa para o servizo o pasado 01/09/2017 tras quedarse sen pastillas de freo.

MATINSA concesionaria acostumada a realización de obra publica intenta facer negocio agora ca xestión de incendios e emerxencias na provincia de Pontevedra. Como exemplo de xestión MATINSA  a través dos seus responsables D.Manuel Revuelta e Dn. Susana Trujillas dan de baixa o vehículo para atención de emerxencias por unhas pastillas de freo.

Esta deficiencia do camión leva sendo detectada polos traballadores fai máis de dous meses que alertaron do perigo de conducir en emerxencias un vehículo de máis de 12.000Kg sen estar en condicións óptimas. Reflexado  o  erro dos freos nos check list e libros de rexistro de servizo tramítese a preocupación pola seguridade dos condutores e demais usuarios da vía publica. No entanto, segundo denuncias de traballadores, MATINSA non traslada o vehículo o taller ata o pasado venres onde lle transmiten a súa preocupación polo estado dos freos e que o taller non esta equipado para ese tipo de reparacións. Dende a empresa informan que o estar no ultimo venres de agosto imposibilita a reparación do vehículo ata a vindeira semana.

"Como solución Matinsa envía dende o parque de Ribadumia un camión de substitución. Este camión chega as instalacións dos bombeiros do Morrazo as 18:00 pese a estar alertada a empresa mantedora que foi modificado o cinto de seguridade do condutor estando non operativo o serlle retirado o pretensor."

Esto significa que o vehículo de primeira intervención con material valorado en máis de 300.000€ no pode atender os máis de 100.000 habitantes que residen no Morrazo. "Esta eiva do servizo non se pode cuantificar en cartos para atención dos veciños só se pode cuantificar o aforro que enche as arcas dunha empresa que dirixe as emerxencias de Pontevedra dende un despacho en Madrid", explican.

Dende o comité de empresa valoran "os feitos ocorridos como moi graves. A pésima ou nula xestión de Matinsa pon en perigo a seguridade ós traballadores e veciños que son estes os que pagan polo servizo. Dende este comité pedimos a dimisión de D. Manuel Revuleta e Dn. Susana Trujillas responsables directos da empresa MATINSA."

Solicitan ó xerente do consorcio contraincendios e salvamento da provincia de Pontevedra D. Roberto Correa que exixa responsabilidades a empresa e vele polo servizo os veciños de  Bueu, Cangas, Moaña, Marín ,Vilaboa, Pontecaldelas e Soutomaior.   

Exixen  o Consorcio Contraincendios e Salvamento, composto por Xunta de Galicia e Deputación de Pontevedra, así coma a súa presidenta Dn. Carmela Silva que cese de maneira inmediata a empresa Matinsa. Tanto pola nefasta xestión deste fin de semana como pola xestión dos últimos catro anos no servizo. 

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar