Publicidade

Diário Liberdade
Terça, 18 Julho 2017 17:23

CIG inicia em Vigo campanha de mobilizaçons contra a vaga de despedimentos em Dinak

Avalie este item
(1 Voto)
País: Galiza / Laboral/Economia / Fonte: CIG

Delegados/as da central protestaron na compañía viguesa que recibe importantes subvencións públicas

A CIG-Industria de Vigo desenvolveu hoxe unha concentración ás portas de Dinak, compañía dedicada á fabricación de chemineas modulares de uso industrial, para rexeitar a vaga de despedimentos que a dirección está a levar a cabo utilizando cartos públicos que recibe a través de importantes subvencións da Xunta. Dende a central sindical denuncian que paralelamente a empresa está a aproveitar para contratar novo persoal en condicións laborais máis precarias.

“Dinak despide, da Xunta recibe”, “A represión non é a solución”, “Despedidos readmisión”, “Comisións, traidores, defendede os traballadores” ou “Comisións, sindicato da dirección” foron os berros que máis se escoitaron durante a protesta que tivo lugar esta mañá diante das instalacións da empresa, situada no Camiño do Laranxo, no barrio vigués de Teis.

Estas consignas exemplifican o que está a suceder na empresa dende hai xa varios anos: a dirección está a botar man das subvencións que recibe da Xunta para despedir traballadores/as indefinidos/as e con antigüidade mentres contrata novo persoal eventual en condicións laborais máis precarias. En concreto, no último mes rescindiulle o contrato a tres empregados, aínda que dende 2012 rexístranse unha media de dous despidos cada ano.

Conivencia e colaboración de CCOO

En todos os casos son persoas con contrato fixo e con antigüidade na empresa. “De xeito paralelo, Dinak continúa a contratar a persoal eventual con condicións laborais inferiores”, indican dende a representación da CIG no comité. Ao mesmo tempo desfaise daqueles/as empregados/as que reclaman o cumprimento do convenio colectivo e fan valer os seus dereitos, como é o caso dos afiliados/as da CIG, aproveitando tamén para intentar eliminar calquera tipo de discrepancia interna.

E todo isto conivencia e a colaboración de CCOO, tal e como denunciou o secretario comarcal da CIG-Industria de Vigo, Xulio Fernández, ao remate da concentración. De feito, cando comezaron os despidos os delegados da CIG propuxeron a convocatoria de mobilizacións, “pero CCOO asinou un pacto de 'non agresión' coa dirección a cambio de non executar máis rescisións de contrato, algo que a empresa non cumpriu”.

Finalmente, dende a representación da CIG no comité de Dinak lembran que a vaga de despedimentos estase a producir a pesar de que a compañía aumentou a facturación en plena crise económica e tras eliminar a paga de produtividade en 2012 (320 euros mensuais por traballador/a). Ao ano seguinte pretendeu aplicar unha nova rebaixa xeneralizada dos salarios e un aumento da xornada, “mais finalmente non se chegou a producir porque a CIG presentou unha denuncia”.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar